Oído medio

Oído medio
Latín TA: auris media
Gray's pág.1037
Sistema Sistema auditivo periférico
Nervio(s) Nervio glosofarínxeo
MeSH Middle+ear

O oído medio é unha cavidade case cadrada, situada no interior da porción petrosa do óso temporal.[1] É unha das tres partes do oído (as outras dúas son o oído externo e o interno), e encóntrase ao nivel da parte superior do cerebelo.

Na porción petrosa do óso temporal encóntrase o tímpano. Este contén a cavidade timpánica, espazo situado medialmente trala membrana timpánica, e o receso epitimpánico (recessus epitympanicus), que é o espazo superior a esta membrana. O oído medio comunícase por diante coa nasofarinxe, a través da trompa faringotimpánica, auditiva ou de Eustaquio. A cavidade timpánica comunícase na zona posterosuperior coas celas mastoides, a través do antro mastoide. A cavidade timpánica está tapizada por unha mucosa e continúase coa trompa auditiva, as celas mastoides e o antro mastoide.

Partes do oído medio

O oído medio comprende:

Caixa timpánica

A caixa timpánica é un espazo aproximadamente oblongo (como unha lente bicóncava) tapizado completamente por mucosa.[2] Esta pequena cavidade está chea de aire, e comunícase por medio da tuba auditiva (trompa de Eustaquio), coas fosas nasais, permitindo que a presión do aire contido na caixa timpánica sexa a mesma que a do ambiente.[1]

A tuba auditiva conta con paredes ou caras, que están ordenadamente amoreadas unhas sobre outras e ao producirse o acto da deglutición sepáranse para deixar entrar aire novo no oído medio.[1] A caixa consta de seis caras ou paredes (teito, solo e catro paredes) e son as seguintes:

  1. A cara externa ou parede lateral (membranosa): Está creada case en exclusiva pola convexidade bicuda da membrana timpánica, polo que a ocupa case na súa totalidade. A parte superior fórmana a parede ósea lateral do receso epitimpánico. O manubrio do martelo atópase na membrana timpánica e a cabeza esténdese ata o receso epitimpánico.
  2. A parede medial ou labiríntica é a que separa a cavidade timpánica do oído interno. Caracterízase por ter o promontorio da porción inicial (1ª espiral) da cóclea, é dicir, o saínte da espiral basal do caracol. Ademais, encóntranse as ventás labirínticas: oval e redonda; e o nervio facial (VII par) que atravesa toda a caixa moi preto da ventá oval e adxacente a el está a impresión do canal semicircular lateral.
  3. A parede superior ou tegmen tympani está formada por unha fina lámina de óso, que separa a cavidade timpánica da duramáter no solo da fosa cerebral media.
  4. A parede inferior ou paries jugularis fórmaa unha capa de óso que separa a cavidade timpánica do bulbo superior da vea xugular interna.
  5. A cara anterior ou carotídea é a que separa a cavidade timpánica do conduto carotídeo ou arteria carótide. Na porción superior encóntrase o orificio interno da trompa auditiva e o conduto para o músculo tensor do tímpano.
  6. A cara posterior ou mastoide é a que está en comunicación co antro e as celas mastoides mediante o aditus ad antrum (é dicir, o espazo de entrada ou acceso que comunica o antro mastoide co receso epitimpánico). Este é un orificio na porción superior (a entrada ao antro mastoide) por medio do cal a cavidade timpánica se comunica coas células mastoides. O conduto para o nervio facial descende entre a parede posterior e o antro medial á entrada.[2]

O antro mastoide é unha cavidade da apófise mastoide do óso temporal. O antro (igual que a cavidade timpánica) queda separado da fosa cranial media por un teito óseo delgado, o tegmen tympani. O solo do antro ten varios orificios polos que se comunica coas celas mastoides. O antro e as celas mastoides están tapizados por mucosa que se continúa co revestimento do oído medio. O antro mastoide relaciónase co conduto para o nervio facial na zona anteroinferior.

A caixa timpánica comunícase co oído interno mediante dúas aberturas provistas dunha fina membrana, a ventá oval e a ventá redonda.

Osículos do oído

Artigo principal: Cadea de ósos do oído.

O oído medio conta con 3 osículos ou osiños: martelo, bigornia, estribo (o proceso lenticular forma parte da bigornia, pero considerábase antes un óso separado, o lenticular). Teñen a función de conectar a membrana timpánica coa ventá oval, e son os que transmiten o son a través do oído medio.[2] Estes osículos son ósos máis pequenos do corpo, cun peso moi pequeno: o martelo (22–24 mg), a bigornia (25 mg) e o estribo (2 mg).[1]

Os osiños do oído forman unha cadea na cavidade timpánica que vai desde a membrana timpánica ata a ventá oval, a cal é unha abertura ovalada da parede media da cavidade timpánica que leva ao vestíbulo do oído interno (labirinto óseo), que está tapada pola base do estribo. Os osículos óticos son os primeiros ósos que se osifican por completo durante o desenvolvemento, e ao nacer encóntranse case maduros. O óso do que derivan é moi denso (duro). O martelo insírese na membrana timpánica e o estribo ocupa a ventá oval. A bigornia está situado entre os outros dous osiños e articúlase con eles, isto convérteo no óso máis feble da cadea, xa que non posúe un músculo ou nervio de sostén. Estes pequenos ósos están recubertos pola mucosa que reviste a cavidade timpánica, pero a diferenza doutros ósos do organismo non teñen unha cuberta perióstica directa.

Funcionamento da cadea de osiculos

O funcionamento desta cadea iníciase a partir do martelo. O martelo posúe cabeza, colo e mango ou manubrio, e unha apófise curta.[2] O martelo a través do seu mango está unido á membrana timpánica.[1] Del parten os ligamentos timpanomaleolares anterior e posterior que dividen a membrana timpánica en pars flaccida e pars tensa. A porción fláccida ten dúas capas: epitelial e endotelial; mentres que a porción tensa ten tres capas: epitelial, fibrosa e endotelial.[2]

O martelo, no seu extremo oposto, únese firmemente á bigornia, de tal maneira que sempre que se move o martelo, a bigornia móvese á vez.[1] A cabeza do martelo articúlase co corpo da bigornia (sinartrose), e este a través da súa apófise longa articúlase coa cabeza do estribo. Ao mesmo tempo, a platina da base do estribo insírese na ventá oval e transmite o estímulo aos líquidos perilaberínticos no proceso da audición, creando unha onda líquida neles.[2]

O outro extremo da bigornia articúlase co "talo" do estribo e a base do estribo apóiase na abertura da ventá oval, onde os sons son transmitidos ao oído interno. A articulación da bigornia co estribo fai que este último rote cara a atrás cada vez que o mango do martelo se move cara a dentro, e cara a fóra cada vez que o martelo vai cara a fóra, o cal provoca o desprazamento cara a dentro e cara a fóra da base do estribo ao nivel da ventá oval, producíndose o movemento do fluído coclear no oído interno.[1]

Músculos asociados cos osiños do oído

Hai dous músculos que están asociados aos osículos do oído, que os revisten, e amortecen os movementos destes ósos.[2] Un deles amortece ademais os movementos (vibración) da membrana timpánica. Estes músculos son:

Ambos os músculos protexen o oído interno dos ruídos intensos e súbitos que poden causar lesións.

O músculo tensor do tímpano, xunto con outros ligamentos e tensores, atrae constantemente cara a dentro o mango do martelo. Grazas a este músculo, e xunto coa axuda doutro músculo en contacto coa cabeza do estribo, o músculo do estribo, move a cadea de osículos e manteñen en tensión a membrana timpánica, permitindo que as vibracións sonoras en calquera porción do tímpano sexan transmitidas ao martelo.

Os músculos actívanse de forma reflexa ante os sons (de 60 a 80 decibelios) e aparentemente por algúns outros estímulos sensoriais; o tempo de reacción deste reflexo é de aproximadamente 10 milésimas de segundo, o que significa que, ante sons de grande intensidade e igual ou menor duración, os músculos tensores non chegan a reaccionar e non protexen a cóclea, causando a fatiga de ditos músculos e un potencial perigo de perda auditiva.

O músculo tensor do tímpano tira do mango do martelo cara a dentro, mentres que o músculo do estribo tira deste óso cara a fóra. Cando estas dúas forzas se opoñen entre si, permiten que todo o sistema de osiños teña moita rixidez, diminuíndo así considerablemente a transmisión das frecuencias baixas (inferiores a 1000 Hz) ao oído interno. O reflexo de atenuación pode diminuír a intensidade de transmisión de sons ata 30 ou 40 dB, ou sexa, a diferenza entre un murmurio e o son emitido por un locutor de radio. A función deste mecanismo baséase, en parte, en permitir a adaptación do oído a sons de intensidades diferentes, pero sobre todo en protexer o caracol de lesións por ruídos excesivamente intensos. Ademais, cando unha persoa fala, manda sinais colaterais aos músculos do oído para diminuír a súa sensibilidade auditiva, de maneira que a súa propia palabra non estimule en exceso os mecanismos de audición.[1]

Ligamentos do oído medio

O martelo está unido a tres ligamentos, chamados anterior, superior e lateral. A bigornia ten un ligamento posterior e o estribo un ligamento anular elástico unido ás beiras da ventá oval.

Trompa auditiva

A trompa ou tuba auditiva, faringotimpánica ou de Eustaquio é unha estrutura cartilaxinosa tubular que mantén unha comunicación entre a nasofarinxe e o oído medio, o que equilibra as presións a un lado e outro da membrana timpánica. Este aspecto é fundamental para a percepción do son e a súa ampliación no oído medio realizada pola cadea de osiños.

Noutros animais

O oído medio dos tetrápodos é homólogo do espiráculo dos peixes, unha abertura da farinxe no lateral da cabeza en fronte das principais fendas branquiais. En embrións de peixes, o espiráculo forma unha bolsa na farinxe, que crece cara a fóra e rompe a pel para formar unha abertura; na maioría dos tetrápodos, esta brecha nunca se completa de todo, e o vestixio final do tecido que o separa do ambiente exterior convértese no tímpano. A parte interna do espiráculo, que aínda permanece conectada á farinxe, forma a trompa de Eustaquio.[3]

Nos réptiles, aves, e os primeiros fósiles de tetrápodos, o oído ten un só osiño auditivo, chamado columela (que é homólogo do estribo dos mamíferos). Este está conectado indirectamente co tímpano por medio dunha extraclumela principalmente cartilaxinosa e medialmente cos espazos do oído interno por medio dunha ensanchada placa basal situada sobre a ventá oval.[3] A columela é un derivado evolutivo do óso hiomandibular dos antepasados peixes, que tiña a misión de soster o cranio.

A estrutura do oído medio nos anfibios vivos varía considerablemente, e a miúdo está dexenerada. Na maioría dos anuros, é similar ao dos réptiles, pero nos outros anfibios, a cavidade do oído medio está a miúdo ausente. Nestes casos, o estribo ou tamén desapareceu ou, en ausencia do tímpano, conecta co óso cadrado do cranio, aínda que se pensa que aínda ten a capacidade de transmitir vibracións ao oído interno. En moitos anfibios, hai tamén un segundo osiño auditivo, o opérculo (que non se debe confundir co opérculo que cobre as branquias de moitos peixes). Trátase dun óso plano con forma de placa, que cobre a ventá oval, e conecta co estribo ou ben, por medio dun músculo especial, á escápula. Non se encontra noutros vertebrados.[3]

Os mamíferos son os únicos nos que evolucionaron os tres ósos do oído medio independentemente dos varios oídos medios cun só osiño doutros vertebrados terestres, o que ocorreu durante o Triásico. Funcionalmente, o oído medio dos mamíferos é moi similar aos oídos medios dun só osiño dos non mamíferos, excepto porque responde a sons de maior frecuencia, e o oído interno capta tamén mellor as frecuencias altas que os dos non mamíferos. O martelo, evolucionou a partir do óso articular da mandíbula inferior, e a bigornia do óso cadrado. Noutros vertebrados, estes ósos formaron a articulación mandibular primaria, pero a expansión do óso dentario de mamíferos causou a evolución dunha articulación mandibular completamente nova, e a vella articulación quedou libre e converteuse en parte do oído. Durante un período de tempo, existiron á vez ambas as articulacións, unha medial e outra lateral. O proceso evolutivo levou á formación do terceiro osículo auditivo do oído medio, que foi un produto "accidental" da evoluición simultánea da articulación mandibular secundaria nova. En moitos mamíferos, o oído medio tamén quedou protexido dentro dunha cavidade, a ampola auditiva (bulla auditiva), que non se encontra noutros vertebrados. Esta ampola evolucionou posteriormente no tempo e independentemente numerosas veces en diferentes clados de mamíferos, e pode estar rodeado de membranas, cartilaxe ou óso. A ampola en humanos é parte do óso temporal.[3]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 "Oído medio". Modelo Electroacústico Análogo do Oído. Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2008. Consultado o 11 de marzo de 2008.  O oído medio, funcionalidade e partes.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Dr. Mario Chong Wong. "oído medio". Otorrinolaringología, Oído medio. Consultado o 11 de marzo de 2008.  O oído medio
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Romer, Alfred Sherwood, Parsons, Thomas S. (1977). Holt-Saunders International, ed. The Vertebrate Body. Philadelphia, PA. pp. 480–488. ISBN 0-03-910284-X. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Read other articles:

Jean-René Lisnard Nazionalità  Monaco Altezza 172 cm Peso 68 kg Tennis Carriera Singolare1 Vittorie/sconfitte 52–87 Titoli vinti 0 Miglior ranking 84º (27 gennaio 2003) Risultati nei tornei del Grande Slam  Australian Open 3T (2005)  Roland Garros 2T (2001, 2003)  Wimbledon 2T (2005)  US Open 2T (2002, 2003, 2011) Doppio1 Vittorie/sconfitte 6–18 Titoli vinti 0 Miglior ranking 171º (10 settembre 2007) 1 Dati relativi al circuito maggiore professionistico. ...

 

artikel ini perlu dirapikan agar memenuhi standar Wikipedia. Tidak ada alasan yang diberikan. Silakan kembangkan artikel ini semampu Anda. Merapikan artikel dapat dilakukan dengan wikifikasi atau membagi artikel ke paragraf-paragraf. Jika sudah dirapikan, silakan hapus templat ini. (Pelajari cara dan kapan saatnya untuk menghapus pesan templat ini) Hemotoraks Hemothoraks adalah kondisi yang terjadi ketika ada darah pada rongga pleura, yang terletak di antara dinding dada dan paru. Penumpukan ...

 

Only Murders in the BuildingGenre Komedi Misteri PembuatSteve Martin & John HoffmanPemeran Steve Martin Martin Short Selena Gomez Aaron Dominguez Amy Ryan Cara Delevingne Adina Verson Michael Cyril Creighton MusikSiddhartha KhoslaNegara asalAmerika SerikatBahasa asliInggrisJmlh. musim3Jmlh. episode30ProduksiProduser eksekutif Dan Fogelman Jess Rosenthal Jamie Babbit Steve Martin Martin Short Selena Gomez John Hoffman Produser Thembi Banks Jane Raab Nick Pavonetti Kristin Bernstein Madele...

فرنك سويسريSchweizer Franken - Franc Suisseورقة من فئة 1000 فرنك (السلسلة التاسعة و الحالية للفرنك السويسري)معلومات عامةالبلد  سويسرا  ليختنشتاين كامبيوني ديتاليا (إيطاليا)[1]تاريخ الإصدار 1798عوض Zürich thaler (en) رمز العملة CHFرمز الأيزو 4217 CHFالمصرف المركزي البنك الوطني السويسريموقع الم...

 

Kikonai 木古内町KotaprajaBalai Kota Kikonai BenderaEmblemLokasi Kikonai di Hokkaido (Subprefektur Oshima)KikonaiLokasi di JepangKoordinat: 41°41′N 140°26′E / 41.683°N 140.433°E / 41.683; 140.433Koordinat: 41°41′N 140°26′E / 41.683°N 140.433°E / 41.683; 140.433NegaraJepangWilayahHokkaidoPrefektur Hokkaido (Subprefektur Oshima)DistrikKamiisoPemerintahan • WalikotaShin'ya SuzukiLuas • Total221,87...

 

Tritsch-Tratsch-Polka oleh Johann Strauss II Tritsch-Tratsch-Polka op. 214 (juga dikenal sebagai Trish Trash Polka) adalah polka yang ditulis oleh Johann Strauss II pada tahun 1858 setelah sukses dengan tur Rusia di mana ia tampil di musim konser musim panas di Pavlovsk, Saint Petersburg. Judul ini juga dapat ditafsirkan sebagai Chit-chat dan mungkin merujuk pada gairah Wina untuk gosip. Strauss mungkin juga telah mengacu pada tindakan tunggal 'Der Tritsch-tratsch' (dengan musik oleh Adolf M�...

Rugby playerMorad KellalDate of birth (1960-05-23) 23 May 1960 (age 63)Place of birthBourg-en-BresseRugby union careerCoaching careerYears Team Algeria Morad Kellal (born Bourg-en-Bresse, 23 May 1960) is a French-born Algerian rugby union coach. He was also a rugby union referee and a sport educator. Kellal is one of the main responsibles for the organization of rugby union in Algeria and his main purpose is the creation of an Algerian Rugby Federation. He was the first coach of Algeria ...

 

Liga Utama InggrisMusim2013–14JuaraManchester CityGelar ke-2 Liga Utama Inggris Gelar ke-4 Liga InggrisDegradasiNorwich CityFulhamCardiff CityLiga ChampionsManchester CityLiverpoolChelseaArsenalJumlah pertandingan380Jumlah gol1.052 (2,77 per pertandingan)Pencetak golterbanyakLuis Suárez (31 gol)[1]Penjaga gawangterbaikPetr ČechWojciech Szczęsny(12 penyelamatan)[2]Kemenangan kandangterbesarManchester City 7–0 Norwich City[3](2 November 2013)Kemenangan tandan...

 

2014 World JuniorChampionships in AthleticsTrack events100 mmenwomen200 mmenwomen400 mmenwomen800 mmenwomen1500 mmenwomen3000 mwomen5000 mmenwomen10,000 mmen100 m hurdleswomen110 m hurdlesmen400 m hurdlesmenwomen3000 msteeplechasemenwomen4 × 100 m relaymenwomen4 × 400 m relaymenwomen10,000 m walkmenwomenField eventsHigh jumpmenwomenPole vaultmenwomenLong jumpmenwomenTriple jumpmenwomenShot putmenwomenDiscus throwmenwomenHammer throwmenwomenJavelin throwmenwomenCombined eventsHeptathlonwome...

Pour un article plus général, voir Élection présidentielle française de 2012. Cette page dresse la liste des sondages d'opinions relatifs à l'élection présidentielle française de 2012. Premier tour Année 2012 Avril 2012 Sondeur Date Nathalie Arthaud (LO) Philippe Poutou (NPA) Jean-Luc Mélenchon (FG) François Hollande (PS) Eva Joly (EELV) François Bayrou (MoDem) Nicolas Sarkozy (UMP) Nicolas Dupont-Aignan (DLR) Marine Le Pen (FN) Jacques Cheminade (S&P) Résultats officiels 2...

 

2013 novel by Kiera Cass The Elite First editionAuthorKiera CassCountryUnited StatesLanguageEnglishSeriesThe SelectionGenre[Dystopia, Romance, Young Adult]Published23 April 2013PublisherHarperTeenPages336ISBN978-0-06-205996-3Preceded byThe Selection Followed byThe One  The Elite is the second novel in the Selection series by Kiera Cass.[1] It is narrated by America Singer, a 17-year-old girl who is selected to compete with 35 other girls to become Prince Maxon's wi...

 

1916 film by Sidney Olcott The SmugglersFilm advertisementDirected bySidney OlcottWritten byCharles F. Horne (Scenario)Produced byDaniel FrohmanStarringDonald BrianCinematographyAl LiguoriProductioncompanyFamous Players Film CompanyDistributed byParamount Pictures (as Famous Players–Lasky Corporation)Release date April 16, 1916 (1916-04-16) (United States) CountryUnited StatesLanguageSilent (English intertitles) The Smugglers was 1916 American silent comedy film produced ...

Pour les articles homonymes, voir Goldman. Pierre GoldmanBiographieNaissance 22 juin 1944Lyon 7e (Rhône)Décès 20 septembre 1979 (à 35 ans)Paris 13eSépulture Cimetière du Père-LachaiseNom de naissance Pierre Bernard GoldmanNationalité françaiseFormation Université de ParisActivité Criminel, écrivain, journalistePère Alter Mojze GoldmanMère Janine SochaczewskaConjoint Christiane Succab-GoldmanEnfant Manuel GoldmanParentèle Jean-Jacques Goldman (frère consanguin)Robert...

 

西維珍尼亞 美國联邦州State of West Virginia 州旗州徽綽號:豪华之州地图中高亮部分为西維珍尼亞坐标:37°10'N-40°40'N, 77°40'W-82°40'W国家 美國加入聯邦1863年6月20日(第35个加入联邦)首府(最大城市)查爾斯頓政府 • 州长(英语:List of Governors of {{{Name}}}]]) • 副州长(英语:List of lieutenant governors of {{{Name}}}]])吉姆·賈斯蒂斯(R)米奇·卡邁克爾(...

 

Australian soccer player, sports commentator and businessman Kimon Taliadoros Personal informationFull name Kimon TaliadorosDate of birth (1968-03-28) 28 March 1968 (age 56)Place of birth Melbourne, AustraliaPosition(s) StrikerSenior career*Years Team Apps (Gls)1987–1992 South Melbourne 100 (45)1992–1995 Marconi Stallions 74 (21)1995–1996 Sydney Olympic 30 (8)1996–1997 Collingwood Warriors 22 (7)1997–1999 Sydney Olympic 12 (0)1999–2001 Parramatta Power 6 (1)International care...

2016年美國總統選舉 ← 2012 2016年11月8日 2020 → 538個選舉人團席位獲勝需270票民意調查投票率55.7%[1][2] ▲ 0.8 %   获提名人 唐納·川普 希拉莉·克林頓 政党 共和黨 民主党 家鄉州 紐約州 紐約州 竞选搭档 迈克·彭斯 蒂姆·凱恩 选举人票 304[3][4][註 1] 227[5] 胜出州/省 30 + 緬-2 20 + DC 民選得票 62,984,828[6] 65,853,514[6]...

 

American jazz pianist (1912–1986) This article is about the jazz musician. For the actor, see Theodore Wilson. For other people, see Teddy Wilson (disambiguation). Teddy WilsonWilson in 1940Background informationBorn(1912-11-24)November 24, 1912Austin, Texas, U.S.DiedJuly 31, 1986(1986-07-31) (aged 73)New Britain, Connecticut, U.S.GenresJazzOccupation(s)MusicianInstrument(s)PianoMusical artist Theodore Shaw Wilson (November 24, 1912 – July 31, 1986)[1] was an American jazz pi...

 

Rifle cartridge This article has multiple issues. Please help improve it or discuss these issues on the talk page. (Learn how and when to remove these template messages) This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: .20 VarTarg – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (January 2013) (Learn how and whe...

本條目存在以下問題,請協助改善本條目或在討論頁針對議題發表看法。 此條目需要編修,以確保文法、用詞、语气、格式、標點等使用恰当。 (2013年8月6日)請按照校對指引,幫助编辑這個條目。(幫助、討論) 此條目剧情、虛構用語或人物介紹过长过细,需清理无关故事主轴的细节、用語和角色介紹。 (2020年10月6日)劇情、用語和人物介紹都只是用於了解故事主軸,輔助�...

 

لوكاس بيازون معلومات شخصية الاسم الكامل لوكاس دومينغوز بيازون الميلاد 20 يناير 1994 (العمر 30 سنة)ساو باولو الطول 1.82 م (5 قدم 11 1⁄2 بوصة) مركز اللعب مهاجم الجنسية برازيلي معلومات النادي النادي الحالي بوتافوغو ريغاتاس(معارًا من سبورتينغ براغا) الرقم 43 المسيرة الاحتر...