Un número primo p é un número primo de Sophie Germain se 2p + 1 é tamén primo. Son famosos porque Sophie Germain probou que o Último Teorema de Fermat é verdadeiro para estes números.[1] A existencia dun número infinito de tales números primos é unha conxectura, ou sexa, unha afirmación non probada.
Os primeiros primos de Sophie Germain son:
- 2, 3, 5, 11, 23, 29, 41, 53, 83, 89, 113, 131, 173, 179, 191, 233 ...
- (secuencia A005384 na OEIS).
Notas