Nikola Milutinov, nado o 30 de decembro de 1994 en Novi Sad, é un xogador serbio de baloncesto profesional que xoga no PBC CSKA Moscova da VTB United League.
Traxectoria
Milutinov debutou coma profesional no KK Hemofarm serbio na tempada 2011-12. En xuño de 2012, Milutinov asinou un contrato por catro anos co KK Partizan.[1]
O 25 de xuño de 2015, Milutinov foi elixido na 26ª posición do Draft da NBA de 2015 polos San Antonio Spurs.[2]
O 25 de xullo de 2015, Milutinov asinou un contrato por tres anos co Olympiacos BC grego.[3] En outubro de 2017, Milutinov e o Olympiacos chegaron a un acordo para prorrogar o seu contrato tres tempadas máis.[4]
O 2 de xuño de 2020, Milutinov asinou un contrato de tres anos co PBC CSKA Moscova ruso.[5]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Primeira Rolda | |
---|
Segunda Rolda | |
---|