Montrezl Dashay Harrell, nado o 26 de xaneiro de 1994 en Tarboro, Carolina do Norte, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional.
Traxectoria profesional
O 25 de xuño de 2015, Harrell foi seleccionado na 32ª posición do Draft da NBA de 2015 polos Houston Rockets.[1] O 19 de setembro de 2015 asinou un contrato de tres anos cos Rockets.[2] Debutou na NBA o 28 de outubro de 2015, facendo oito puntos e tres rebotes na derrota dos Rockets por 105-85 contra os Denver Nuggets.[3] Durante a súa tempada coma rookie, foi asignado en varias ocasións ós Rio Grande Valley Vipers, afiliado dos Rockets na NBA D-League.[4]
O 28 de xuño de 2017, Harrell foi traspasado ós Los Angeles Clippers xunto a Patrick Beverley, Sam Dekker, Darrun Hilliard, DeAndre Liggins, Lou Williams, Kyle Wiltjer e unha elección da primeira rolda do Draft de 2018, a cambio de Chris Paul.[5]
O 22 de novembro de 2020, Harrell asinou cos Los Angeles Lakers.[6] O 22 de decembro de 2020, Harrell debutou cos Lakers facendo 17 puntos, 10 rebotes e 3 asistencias na derrota por 116–109 contra os Los Angeles Clippers.[7]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Primeira Rolda | |
---|
Segunda Rolda | |
---|