Fillo de Buenaventura Alvarado Núñez e Jacinta Casanova Domínguez de Losada. Estudou dereito na Universidade de Salamanca e inglés e francés en ámbolos dous países. Dedicouse dende moi novo á política, militando no Partido Moderado. Foi elixido deputado a Cortes polo distrito da Pobra de Trives nas eleccións de 1858, 1863 e 1871. Na Restauración volveu ser elixido deputado polo distrito da Pobra de Trives nas eleccións de 1876, 1879, 1884 e 1891. En 1887 foi elixido senador pola provincia de Ourense e en 1891 foi nomeado senador vitalicio.
O 17 de maio de 1875Afonso XII concedeulle o título de Marqués de Trives.
Vida persoal
Casou con Carlota Barroeta-Aldamar, coa que tivo unha única filla, Jacinta Alvarado Barroeta-Aldamar que foi a segunda Marquesa de Trives.