En 1924, baixo a dirección do fillo do fundador, Ogden Mills Reid, fusionouse co seu rival New York Herald para formar o New York Herald Tribune. que seguiu sendo dirixido por Ogden Mills até a súa morte en 1947. Seguiu sendo un importante diario dos Estados Unidos até que rematou a súa publicación en 1966.[7]
Antigos edificios do Tribune na actualidade
O New York Tribune Building foi a primeira casa da Universidade Pace. O lugar onde estaba o edificio eestá ocupado nestes momentos polo complexo One Pace Plaza do campus de Nova York da Universidade Pace. A residencia e hospital privado do doutor Choate, onde morreu Horace Greeley, forman hoxe parte do campus da Universidade Pace en Pleasantville, Nova York.
O 15 de decembro de 1921, The New York Tribune comprou dous terreos nos 219 e 220 West 40th Street. A sede que The New York Tribune construíu nese lugar é agora a sede da facultade de periodismo da Universidade de Nova York.
Arquivos
AS copias dos números do New-York Tribune están dispoñibles en microfilme en moitas bibliotecas grandes dos Estados Unidos e tamén está en liña na Biblioteca do Congreso,[1] onde tamén están os índices de anos determinados de finais do século XIX.Os artigos orixinais se conservan no Centro de Historia Americana da Universidade de Texas en Austin.
↑ 5,05,1Adam-Max Tuchinsky, Horace Greeley's New-York Tribune: Civil War-era Socialism and the Crisis of Free Labor (Ithaca, NY: Cornell University Press, 2009), pp. 11–12
Schwarzlos, Richard Allen (1989). The Nation's Newsbrokers(en inglés). Volume I (The Formative Years: From Pretelegraph to 1865). Evanston, IL: Northwestern University Press. ISBN978-0-8101-0818-9.