Nevo[1] (plural nevos, do latínnævus, plural nevi) é o termo médico que describe unha lesión na pel popularmente coñecida como mancha, pinta ou sinal.
En latín, o termo nævus significa marca de nacenza. No entanto, en Dermatoloxía, o termo nevo é usado tanto para manchas conxénitas (observadas no momento do nacemento) canto para manchas adquiridas (observadas após o nacemento).
Os nevos son sempre benignos. Non obstante, cerca de 1/3 dos melanomas (un tipo de cancro de pel) son orixinarios dun nevo preexistente.[2]
Clasificación
Nevos melanocíticos
É común usar o termo nevo como sinónimo de nevo melanocítico que é formado por melanocitos.[3]
Nevo melanocítico conxénito: é o nevo melanocítico presente no nacemento ou as primeiras semanas após o nacemento.
Nevo melanocítico adquirido: é o nevo melanocítico xorde após algúns meses de vida.
Nevo displástico: é o nevo melanocítico adquirido que posúe formacións anormais semellantes ás encontradas no melanoma.