O Nevado Saxama (en español Nevado Sajama) é un estratovolcán en Bolivia, e é tamén o cumio máis alto dese país. Está situado aproximadamente a 10 quilómetros do límite con Chile. A estrutura do cumio é complexa.
Non se sabe con certeza a data da súa última erupción, mais está considerado como un volcán activo.