A Neue Galerie é unha galería de arte neoiorquina de propiedade privada, situada na Quinta Avenida á altura da rúa 86, dentro da chamada Milla dos Museos.
Foi creada no 2001 e está dedicada á arte alemá e austríaca de principios do século XX. No verán do 2006 incorporou o cadro de Gustav Klimt titulado Retrato de Adele Bloch-Bauer I, unha obra expropiada polos nazis en 1938.