Nervio musculocutáneo

Nervio musculocutáneo
Nervios do membro superior esquerdo (o nervio musculocutáneo no canto superior dereito).
Latín nervus musculocutaneus
Gray: subject #210 935
Innervación    Compartimento anterior do brazo
Proveniente de: Fascículo lateral
Ramas Nervio cutáneo lateral do antebrazo

O nervio musculocutáneo é un nervio do membro superior orixinado polo tronco secundario anteroexterno ou superior. Toma as raíces raquídeas C5, C6, C7 e algunhas veces, tamén C4. Coma nervio, atópase na parte externa da axila e vai cara a parte interna do brazo, fura un músculo e pasa á superficie anterior do brazo, situándose entre o plano muscular superficial e o fondo. Segue descendendo e achégase á parte externa. No cóbado faise superficial e pasa pola canle bicipital. A este nivel dá dúas ramas terminais sensitivas puras, unha anterior e outra posterior.

Relacións

Na axila é a rama máis externa do plexo braquial. Na orixe aparece preto do nervio radial e xa no brazo pasa preto da arteria umeral. Na parte anterior fura o músculo coracobraquial e sitúase entre o bíceps braquial e o braquial anterior.

Ramas colaterais

Ao longo do seu traxecto dá as seguintes ramas colaterais sensitivas:

Tamén dá tres ramas motoras que constitúen o eixo neuromuscular do musculocutáneo, innervando aos seguintes músculos:

  • Coracobraquial.
  • Braquial anterior.
  • Bíceps braquial.