Neko no Ongaeshi (猫の恩返し?) é un filme xaponés de animación de 2002 dirixido por Hiroyuki Morita, producido por Toshio Suzuki e Nozomu Takahashi, escrito por Reiko Yoshida, baseado en The Cat Returns de Aoi Hiiragi con música de Yuji Nomi. Foi producido por Studio Ghibli para Tokuma Shoten, Nippon Television Network, Hakuhodo, Buena Vista Home Entertainment, Mitsubishi e Toho e distribuído por este último. Estreouse no Xapón o 20 de xullo de 2002 a través de Toho e en 2005 nos Estados Unidos a través de Walt Disney Home Entertainment.[3] Recibiu o Premio da Excelencia no Japan Media Arts Festival en 2002. GKIDS relanzou o filme en Blu-ray e DVD o 16 de xaneiro de 2018 baixo un novo contrato con Studio Ghibli.[4]
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas