Este pradairo é unha arboriña, usualmente non moi lonxeva que non soprepasa os 10 a 20 m de alto, cun diámetro de 30 a 50 cm, raramente de máis de 1 m. Os talos son verdes, cunha cera rosa ou violeta cando son novos. En troques doutros pradairos (con follas palmadas) o negundo ten follaspinnadas con cinco (ás veces tres ou sete) folíolos; as follas teñen de 12 a 25 cm de lonxitude, con cada folíolo de 6 a 10 cm e 3 a 7 cm de largo. Ningún outro pradairo ten máis de tres folíolos. Os folíolos teñen os bordos aserrados e son asimétricos na base da folla. As flores son miúdas con pétalos, de 10 a 30, xuntos nun acio pénsil, de 1 a 2 dm de longo, que aparece cedo na primavera. As sementes son disámaras, 1 a 2 cm de longo, con ás de 2 a 3 cm incurvadas; esparéxanse e caen polo outono, ou fican na árbore durante o inverno. Distinto a outros pradairos, é unha árbore dioica.
Distribución
Aparece orixinariamente dende o Canadá até Guatemala polo sur. Introducido e cultivado noutras partes do mundo. En Europa, onde foi introducido en 1688, plántase hoxe en día pola súa resistencia á polución, rápido crecemento e carecer de toxicidade, tanto en reforestacións mineiras, zonas de tráfico e parques urbanos.
Hábitat
A especie prefire terreos soleados e non calcarios. Pode medrar en lugares anegados e atura fríos de até -30 °C. É, polo tanto axeitado para o cultivo en Galiza.
Cultivo 3 usos
Acer negundo, ao contrario ca en Europa, é raramente plantado coma unha árbore ornamental en América. A madeira é mala, a forma irregular e a mala xerminación das sementes fan que non sexa unha especie forestal de interese. Con todo ás veces a madeira emprégase coma fonte de fibra para pretensado.
Hai varios cultivares, incluíndo algunhas formas variegadas (follas verdes e brancas, incluso rosadas e amarelas) dispoñíbeis no mercado (viveiros).
En Galiza plántase en arboredos, xardíns urbanos e rúas das principais vilas.
a subespecie occidental ,Acer negundo subsp. californicum (Torr. & A.Gray) Wesm., con talos e follas pubescentes: unha poboación illada no Val Central de California.