-10 —
–
-9 —
–
-8 —
–
-7 —
–
-6 —
–
-5 —
–
-4 —
–
-3 —
–
-2 —
–
-1 —
–
0 —
Escala do eixe: millóns de anos.
Nakalipithecus é un xénero de primates fósiles que contén unha única especie, Nakalipithecus nakayamai. É un gran simio que viviu na rexión africana que hoxe é Kenya nos inicios do Mioceno Tardío, hai 10 millóns de anos.[1][2] Este simio foi descrito a partir dunha mandíbula fósil e once dentes illados desenterrados en 2005 por un equipo de investigadores xaponeses e kenyanos en depósitos de fluxos de barro da rexión de Nakali no norte da Provincia do Rift Valley de Kenya,[1][2] ao que se debe o nome científico do xénero, que significa "mono de Nakali". O nome específico refírese a un xeólogo xaponés que morreu mentres estaba traballando no proxecto.[3]
Os dentes fósiles estaban cubertos de groso esmalte, o que suxire que a dieta deste hominoide incluía unha considerable cantidade de alimentos duros, posiblemente noces ou sementes. Segundo os investigadores da Universidade de Kyoto, o Nakalipithecus é moi próximo ao último antepasado común de gorilas, chimpancés, e humanos. Pode, por tanto, considerarse un membro basal dos Homininae, antes de que estes se dividisen nas tres liñaxes que viven hoxe. O Nakalipithecus tamén lembra ao xénero Ouranopithecus, outro homínido prehistórico atopado en Grecia.[1]
A importancia evolutiva do Nakalipithecus é dobre: primeiro, xunto co Ouranopithecus é unha proba de que as liñaxes de Homininae actuais non diverxeron antes de hai uns 8 millóns de anos. Segundo, apoia a teoría de que os antepasados máis próximos dos humanos evolucionaron en África. O punto de vista alternativo, que os grandes simios de tipo moderno se extinguiron en África e que os Homininae eran orixinalmente unha liñaxe asiática, que posteriormente colonizou África, é difícl de reconciliar coa presenza xa no Mioceno Tardío deste hominino basal en África.[4]
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Kunimatsu, Y.; et al. (2007). "A new Late Miocene great ape from Kenya and its implications for the origins of African great apes and humans". Proceedings of the National Academy of Sciences 104 (49): 19220–19225. PMC 2148271. PMID 18024593. doi:10.1073/pnas.0706190104.
- ↑ 2,0 2,1 Experts find jawbone of pre-human great ape in Kenya Arquivado 07 de febreiro de 2008 en Wayback Machine. By Katie Nguyen, Reuters.com, 13 de novembro de 2007, consultado o 15 de novembro de 2007
- ↑ Wafula, Caroline (14 de novembro de 2007). "Major fossil discovery - Daily Nation". www.nation.co.ke (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2019. Consultado o 26 de maio de 2019.
- ↑ Kunimatsu et al. (2007), Viegas (2007)
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas