Discovery Channel é unha canle de televisión por cable propiedade de Discovery Communications, que basea a súa programación no entretemento, cultura e educación, distribuída virtualmente na televisión de pago de moitos países do mundo.
A marca é coñecida principalmente pola súa variedade de programación científica, particularmente documentais e programas sobre a natureza.
No mundo
Discovery Channel chega a máis de 381 millóns de fogares en máis de 180 países[1]. En varios destes, Discovery Channel está dispoñíbel en plataformas dixitais vía satélite que ofrecen unha mesma programación en varias linguas ou subtítulos (incluíndo o castelán, alemán, portugués, italiano, danés, grego, polaco, húngaro, romanés e hindi).
Merca e marcas
Tras Tour de Francia celebrado no ano 2004, a canle Discovery Channel anunciou que se convertería no principal patrocinador do equipo ciclista Discovery Channel no 2005, contando coa participación do heptacampión Lance Armstrong. Tamén participa na construción do Discovery Channel Telescope, xunto co Observatorio Lowell.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas