A súa capital era a cidade troglodítica de Petra, cuxas ruínas se encontran hoxe localizadas en territorio xordano.
O seu comercio desenvolvíase, principalmente, entre os oasis, nos cales practicaban unha agricultura intensiva. Eses oasis eran etapas das rutas comerciais. As fronteiras de tal conxunto son difíciles de precisar.
O emperador romanoTraxano someteu aos nabateos definitivamente, incorporándoos ao Imperio, dentro do cal a súa cultura se foi difuminando e acabou por desaparecer.