Nabarvené ptáče é un filme de 2019 coproducido entre a República Checa, Eslovaquia e Ucraína, escrito, dirixido e producido por Václav Marhoul. É unha adaptación da novela homónima de Jerzy Kosinski.[6][7] É o primeiro filme rodado en lingua intereslava.[8][9] Marhoul declarou que decidiu empregar a lingua intereslava que para que ningunha nación eslava se puidese identificar coa historia.[10]
Nabarvené ptáče foi escollido para participar na competición da 76ª edición do Festival Internacional de Cinema de Venecia e foi escollido polo Festival Internacional de Cinema de Toronto de 2019 como parte das súas Presentacións Especiais.[11] O filme foi escollido como candidato da República Checa para o Óscar ó mellor filme internacional na 92ª edición dos premios, clasificándose na lista curta de decembro.[12][13]
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas