A NAACP (The National Association for the Advancement of Colored People ou Asociación Nacional para o Progreso da Xente de Cor), é unha das máis antigas e influentes organizacións polos dereitos civÃs dos Estados Unidos. Fundouse en 1909 para traballar polo progreso dos afroamericanos. En 2004 tiña 500.000 membros.
Historia
En 1905 reuniuse un grupo de 32 lÃderes da comunidade afroamericana, dirixidos por W.E.B. DuBois, nun hotel da banda canadense das Cataratas do Niágara (para evitar as leis segregacionistas que segregaban os hoteis estadounidenses), polo que se lles coñeceu como o Movemento Niágara. Alà fixeron un chamamento para a fin das discriminacións raciais e, en 1906, uniúselles un xudeu e dous brancos.
Unha nova xuntanza estaba prevista para o 12 de febreiro de 1909, aniversario do nacemento de Abraham Lincoln, pero tivo que se atrasar ata o 3 de maio, e o 30 de maio tomou o nome de NAACP (aÃnda que o NAACP mantén o 12 de febreiro como data de fundación do movemento).
Ligazóns externas
Web oficial do NAACP (en inglés)