Os números UN ou números da ONU ou identificadores UN (UN IDs) son números de catro dÃxitos que identifican as substancias perigosas, e outras mercadorÃas (como explosivos, lÃquidos inflamables, substancias tóxicas, etc.) coa finalidade de que sexan utilizados para identificalas durante o seu transporte internacional.[1]
Algunhas substancias perigosas teñen o seu propio número UN (por exemplo, o da acrilamida é UN2074), mentres que ás veces se lle dá un mesmo número a todo un grupo de substancias quÃmicas ou produtos que teñen similares propiedades (por exemplo, os lÃquidos inflamables, se non se especifica outra cousa, levan o número UN1993). Un composto quÃmicoen estado sólido pode recibir un número distinto que cando está en estado lÃquido se as súas propiedades en canto á perigosidade son significativamente diferentes. As substancias con diferentes niveis de pureza (ou concentración en solución) poden tamén recibir diferentes números UN.
Os números UN van desde o UN0001 a aproximadamente o UN3518 e son asignados polo Comité de Expertos da Organización das Nacións Unidas sobre o Transporte de MercadorÃas Perigosas. PublÃcanse como parte das súas Recomendacións sobre o Transporte de MercadorÃas Perigosas, tamén coñecido como o Libro Alaranxado. Estas recomendacións adóptanse pola organización reguladora responsable de cada modo de transporte.
Non se asigna ningún número UN para as substancias non perigosas.
Outros números relacionados usados en Norteamérica son os números NA (Norte América) para substancias e son idénticos aos númeos UN, agás en que algunhas substancias que non teñen número UN si teñen número NA. Estes números adicionais van desde o NA8000 ao NA9999.[2]
Identificadores de perigosidade
Asociado con cada número UN hai un identificador de perigosidade, que codifica a clase de perigo xeral que ten a substancia e a subdivisión (e, no caso dos explosivos, o seu grupo de compatibilidade). Se unha substancia presenta varios perigos distintos, entón poden especificarse identificadores de risco adicionais. Non é posible deducir a clase de perigo que ten unha substancia só a partir do seu número UN: debe buscarse nunha táboa.[3]
Identificadores de perigo da ONU
Clase |
División |
Descrición
|
Clase 1 |
|
Explosivos
|
|
División 1.1 |
Explosivos con perigo de explosión masiva
|
|
División 1.2 |
Explosivos con perigo de proxección
|
|
División 1.3 |
Explosivos perigosos co lume predominanemente
|
|
División 1.4 |
Explosivos con perigo de explosión non significativo
|
|
División 1.5 |
Explosivos moi intensos cun perigo de explosión masiva
|
|
División 1.6 |
Artigos extremadamente insensibles
|
Clase 2 |
|
Gases
|
|
División 2.1 |
Gases inflamables
|
|
División 2.2 |
Gases non inflamables, non tóxicos (non velenosos)
|
|
División 2.3 |
Gases tóxicos (velenosos)
|
Clase 3 |
|
LÃquidos inflamables (e combustibles lÃquidos [EUA])
|
Clase 4 |
|
Sólidos inflamables; materiais espontaneamente combustibles; e perigosos por seren substacias reactivas coa auga/materiais húmidos
|
|
División 4.1 |
Sólidos inflamables
|
|
División 4.2 |
Materiais espontaneamente combustibles
|
|
División 4.3 |
Substancias perigosas por seren reactivas coa auga/materiais húmidos
|
Clase 5 |
|
Substancias oxidantes e peróxidos orgánicos
|
|
División 5.1 |
Substancias oxidantes
|
|
División 5.2 |
Peróxidos orgánicos
|
Clase 6 |
|
Substancias tóxicas (velenosas) e substancias infecciosas
|
|
División 6.1 |
Substancias tóxicas (velenosas)
|
|
División 6.2 |
Substancias infecciosas
|
Clase 7 |
|
Materiais radioactivos
|
Clase 8 |
|
Substancias corrosivas
|
Clase 9 |
|
Materiais perigosos misceláneos/Produtos, Substancias, ou Organismos
|
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas