A música do Xapón inclúe unha gran variedade de artistas en estilos distintos, tanto tradicionais como modernos.
A música tradicional xaponesa coñécese co nome de hōgaku (邦楽), mentres que a palabra ongaku (音楽) designa á música en xeral. A denominación moderna J-Music refírese a certas ramas da música xaponesa con toques occidentais.
Música tradicional xaponesa
No século XVI, os komuso, un grupo de monxes budistas zen, desenvolveron unha práctica de meditación sonora. A esta práctica de meditación individual, que consistía en meditar mentres sopraban certos sons nun shakuhachi -unha frauta xaponesa que se suxeita verticalmente como unha frauta doce en lugar de como a tradicional frauta travesa- e chamárona suizen. Os sons non eran improvisados e o obxectivo destes monxes zen era chegar á iluminación a través do son do shakuhachi. O shakuhachi non era considerado un instrumento musical, gakki, senón un de práctica relixiosa budista, hooki.
En 1871, este grupo de monxes xaponeses é proscripto e entón o son do shakuhachi comeza a ser transmitido en calidade de música co nome de música orixinal, honkyoku.[1]
No Xapón existe unha innumerable variedade de tipos de música tradicional. Dous dos estilos máis antigos son o shōmyō, ou "voz clara", e o gagaku ou música orquestral da corte.[2] Ambos os estilos proveñen dos períodos Nara e Heian.
O gagaku é un tipo de música clásica que foi executada na Corte Imperial desde o período Heian. Kagurauta (神楽歌), Azumaasobi(東遊) e Yamatouta (大和歌) son repertorios relativamente autóctonos. Tōgaku (唐楽) e komagaku orixináronse a partir da dinastía chinesa Tang por transmisión pola península de Corea. Adicionalmente, o gagaku divídese en kangen (管弦) (música instrumental) e bugaku (舞楽) (danza acompañada de gagaku).
As honkyoku ("pezas orixinais") remóntanse ao século XIX a. C.. Estas son pezas para solo de shakuhachi executadas polos monxes da seita mendicante Fuke de budismo zen. Estes monxes, chamados komusō ("monxes da vacuidade"), executaban honkyoku polas esmolas e iluminación. A seita Fuke deixou de existir cara a finais do século XIX, pero actualmente continúa unha tradición escrita e oral de numerosos honkyoku, aínda que esta música é hoxe a miúdo executada en concertos ou escenarios musicais.
Os samurai a miúdo escoitaban e tomaban parte na execución de actividades musicais como parte das súas prácticas para enriquecer as súas vidas e coñecemento.
O teatro musical desenvolveuse no Xapón desde épocas moi antigas. O noh (能) ou nō xerouse a partir de varias tradicións populares e cara ao século XIV converteuse nunha arte altamente refinada. Kan'ami (1333-1384) e Zeami (1363?-1443) elevárono á súa posición de máxima sofisticación. En particular, Zeami foi autor do núcleo do repertorio noh e foi autor de moitos tratados sobre os segredos da tradición nō (que recentemente foron amplamente difundidos a partir da idade moderna).
Outra forma de teatro xaponés é o teatro de monicreques ou marionetas, a miúdo chamado bunraku (文楽). Este teatro de marionetas tamén posúe raíces populares e desenvolveuse especialmente durante Chonin no período Edo (1600-1868). Xeralmente é acompañado por versos recitados, en varios estilos de jōruri acompañados de música shamisen.
Durante o período Edo, os actores (a partir de 1652 só adultos homes) actuaban no teatro kabuki, que era moi popular e colorido. O kabuki incluía todo tipo de representacións, desde obras históricas até pezas musicais con números de danza; era a miúdo acompañado por cantos en estilo nagauta e actuacións shamisen.
Biwa Hōshi, Heike Biwa, MOSO e Goze
O biwa, que é unha forma de laúde de pescozo curto, era tocado por grupos de músicos itinerantes (biwa hōshi) que o usaban para acompañar as súas historias. A máis famosa destas historias é o Cantar de Heike, un relato do século XIX a. C. sobre o triunfo do clan Minamoto sobre o Taira. Cara ao século XIII os Biwa hōshi comezáronse a organizar nunha especie de asociación de oficios (tōdō) para homes con deficiencias visuais. Esta asociación eventualmente chegou a controlar unha gran porción da cultura musical do Xapón.
Adicionalmente, numerosos grupos máis pequenos de músicos cegos itinerantes formáronse na zona de Kyushu. Estes músicos, chamados mōsō ("monxes cegos") percorrían a campiña e executaban unha variedade de textos relixiosos e semirelixiosos para purificar as casas e traer boa saúde e sorte. Eles tamén tiñan un repertorio de xéneros seculares. O biwa que eles tocaban era considerablemente máis breve que o Heike biwa tocado polos biwa hōshi.
Desde a era medieval, as mulleres cegas que eran músicos, chamadas goze, tamén percorrían os campos, entoando cancións e tocando música acompañadas por un tambor pequeno. A partir do século XVII elas tocaban o koto ou o shamisen. As organizacións Goze difundíronse por toda a rexión, e até hai moi pouco tempo existiron no que hoxe é a prefectura de Niigata.
Taiko
O taiko é un tambor xaponés que é utilizado na execución de varios xéneros de música, existen diversos modelos que se diferencian polo seu tamaño. Alcanzou gran popularidade en épocas recentes como o instrumento de percusión central de numerosos conxuntos musicais, o repertorio baséase en música folclórica do pasado. Dita música taiko é tocada por conxuntos con grandes tambores chamados kumi-daiko. As súas orixes son un tanto incertas, aínda que se pode rastrexar até os séculos VI e VII, a partir dunha figura de arxila dun músico con tambor. Aínda que despois tivo influencias chinesas e coreanas, o instrumento e a súa música permaneceu unido ás súas raíces autenticamente xaponesas. Os tambores taiko durante este período foron utilizados durante as batallas para intimidar ao inimigo e pasar ordes de comando. O taiko foi posteriormente adoptado para a execución de música relixiosa budista e shintō. Antigamente os executantes de taiko eran homes santos, que só tocaban en ocasións especiais e en pequenos grupos, aínda que posteriormente tamén homes seculares (moi de cando en cando mulleres) tocaron o taiko en festivais semirelixiosos como bon dance.
Dise que os conxuntos de executantes modernos de taiko foron inventados por Daihachi Oguchi en 1951. Oguchi que tocaba o tambor en eventos de jazz, incorporou os seus coñecementos musicais na constitución de conxuntos con gran número de executantes. O seu estilo enerxético fixo que o seu grupo alcanzase gran popularidade no Xapón, convertendo a rexión de Hokuriku no centro da música taiko. Entre os músicos que xurdiron nesa época destácanse Sukeroku Daiko e o seu compañeiro Seido Kobayashi. Cara a 1969 xurdiu o grupo Za Ondekoza que foi fundado por Tagayasu Den; Za Ondekoza promoveu a incorporación de executantes novos que expuxeron algunhas innovacións na música taiko, e difundiuse en festivais e festas comunais. Durante a década de 1970, o goberno xaponés proveu de soporte económico a certas actividades que formaban parte da cultura xaponesa, e como consecuencia formáronse moitos grupos de taiko. Cara a finais do século XX, os grupos taiko difundíronse polo mundo, especialmente nos Estados Unidos.
Música folclórica: Min'eō
As cancións folclóricas xaponesas ( min'eō) poden ser clasificadas de diversas formas, en xeral distínguense catro categorías principais: cancións sobre o traballo, cantos relixiosos (tales como sato kagura, un tipo de música xintoísta), cancións para acontecementos tales como casamentos, funerais e festivais (matsuri, especialmente O-bon), e cancións para nenos (warabe uta).
No minyō, os cantantes adoitan acompañarse co laúde de tres cordas chamado shamisen, tambores taiko, e unha frauta de bambú chamada shakuhachi. Outros instrumentos que ás veces se utilizan son unha frauta travesa coñecida polo nome de shinobue, unha campá chamada kane, un tambor pequeno chamado tsuzumi, e unha cítara de 13 cordas chamada koto. En Okinawa, o principal instrumento é o sanshin. Aínda que todos estes son instrumentos tradicionais xaponeses, en instrumentacións modernas obsérvase ás veces o uso de guitarras eléctricas e sintetizadores, dependendo do estilo e idade do cantante, ás veces os cantantes enka incorporan elementos do repertorio tradicional min'eō (Enka é un xénero musical xaponés).
Existen varios termos comunmente asociados ao min'eō tales como ondo, bushi, bon uta, e komori uta. Un ondo polo xeral é unha canción folclórica cunha melodía distintiva que pode ser entendida como tendo un ritmo de 2/4 (aínda que os músicos polo xeral non agrupan as notas). A música folclórica típica que se escoita nas danzas dos festivais O-bon polo xeral é un ondo. Un fushi é unha canción cunha melodía característica. O seu nome, que se pronuncia "bushi", significa "melodía" ou "ritmo". Moi raras veces a palabra se utiliza illada, en cambio é acompañada por un prefixo que se refire a unha ocupación, localización ou nome persoal. Bon uta, tal como o indica o seu nome son cancións para O-bon, o festival de farois dos mortos. Komori uta son cancións de berce para nenos. Os nomes das cancións min'eu a miúdo inclúen un termo descritivo polo xeral ao final, por exemplo Tokyo Ondo, Kushimoto Bushi, Hokkai Bon Uta, e Itsuki no Komoriuta.
Moitas destas cancións salientan certas sílabas como tamén inclúen berros agudos (kakegoe). Polo xeral o kakegoe son berros de alegría pero no min'eō, a miúdo son incluídos como parte do coro. Hai numerosos kakegoe, e varían segundo a rexión. Por exemplo en Okinawa Min'eō, escoitarase a expresión "ha iya sasa!". Mentres que nas zonas centrais do Xapón, son máis comúns as expresións "a yoisho!," "sate!," ou "a sore!". Algunhas outras son "a donto koi!," e "dokoisho!"
Recentemente utilizouse un sistema para formación musical baseado en gremios coñecido como sistema iemoto a algunhas formas de min'eō. Este sistema foi inicialmente desenvolvido para transmitir xéneros musicais clásicos tales como nagauta, shakuhachi, ou koto, pero dado que mostrou ser axeitado para os profesores e contou co apoio dos estudantes que desexaban obter certificados de aprendizaxe, o método estendeuse para abarcar a outros xéneros tales como min'eō, Tsugaru-jamisen e outras formas de música que eran transmitidas tradicionalmente de maneira informal. Hoxe en día algúns min'eō son transmitidos a través deste tipo de organizacións pseudo familiares, e son comúns as aprendizaxes por períodos prolongados.
Mercado musical contemporáneo
A industria da música contemporánea no Xapón ten bastantes diferenzas coa industria occidental, en especial a forma das promocións para os artistas. A forma de promoción do país tamén serviu como exemplo a seguir para diversos países asiáticos.
As vendas de álbums, sinxelos e DVD son medidas pola empresa Oricon, que tamén se encarga de crear unha clasificación co máis vendido do Xapón de maneira diaria, semanal, mensual e anual.
A pesar de que grandes selos como Sony Music, Warner ou Columbia esfórzanse por tratar de inserir ao mercado música occidental, case non teñen cabida dentro de Oricon, estando practicamente sempre os primeiros lugares na lista ocupados por artistas xaponeses.
Principais diferenzas con occidente
Títulos nas cancións
Os xaponeses son coñecidos polo gran respecto cara á caligrafía e escritura. Obsérvase nalgúns títulos de cancións, principalmente desde a década de 1980, que os artistas se foron liberando, comezando primeiro a utilizar títulos en idiomas latinos para algunhas das súas cancións (aínda que estivesen en xaponés), e despois ata coa utilización de títulos completamente en maiúsculas e todos en minúsculas, ou mesmo xogos entre elas para facelas máis desordenadas, e dalgunha forma máis "rechamantes" para o público. Mesmo nomes de bandas alternativas de rock e pop xaponés válense destas técnicas de mercadotecnia. Os exemplos máis clásicos é o título xa típico entre artistas xaponeses completamente en maiúsculas, ou tamén se inclúe a incorporación de "~ " ou "-", que tamén son símbolos frecuentemente usados dentro de cancións, aínda que tamén se utilizan caracteres gráficos que, antes da inclusión do sistema Unicode, non se atopan presentes dentro do noso sistema como ☆ e ♥, para facer títulos aínda máis rechamantes.
Os títulos das cancións son estritamente respectados coas súas distintas formas de ortografía e caligrafía no mercado, e fóra de páxinas non moi cultas respecto da cultura musical xaponesa pódense atopar títulos como "HANABI" escrito "Hanabi" ou "RUN☆RUN☆RUN" escrito "Run*Run*Run", pero son a minoría (en especial sitios de Internet de fala inglesa onde comercializan música asiática).
Lanzamento de sinxelos e posteriormente álbum
En xeral o mercado actúa de maneira distinta ao de occidente no sentido de que a promoción ocorre en orde distinta, sobre todo no que respecta aos lanzamentos de álbums e sinxelos promocionais. No Xapón, a diferenza de occidente, un artista que acaba de debutar ou un artista que lanza novos traballos despois de dar por terminada a promoción do seu álbum anterior lanza polo menos 3 ou 4 sinxelos antes do lanzamento do álbum que conterá ditas cancións, ao contrario de occidente onde xeralmente se lanza un sinxelo e días despois lánzase o álbum. Algúns consideran esta manobra mellor á occidental principalmente porque lle permite aos consumidores unha mellor comprensión sobre o contido do álbum dun artista, e máis aínda se anteriormente tamén adquiriron os sinxelos promocionais.
Os denominados "PV"
Os vídeos musicais no Xapón son comunmente coñecidos como PV (Promotional Vídeo); isto foi adoptado do mercado occidental antes de que se instalase o termo máis moderno de MV (Music Vídeo), e PV quedou marcado na consciencia do consumidor para relacionar inmediatamente o termo co vídeo musical dunha canción.
CD con DVD
Desde hai algúns anos xa é común a incorporación de DVD como produtos anexos a álbums e sinxelos sen discriminación. Esta manobra é realizada máis que nada polo selo independente máis importante do país Avex Trax. O DVD inclúe xeralmente os PVs das cancións que tamén están incluídas nese CD (álbum ou sinxelo), e tamén en contadas ocasións escenas de detrás de cámara dos vídeos ou algunha entrevista.
Despois de que a Restauración Meiji introducise a instrución musical occidental, un burócrata chamado Izawa Shuji compilou cancións como "Auld Lang Syne".[3] Dúas formas principais de música que se desenvolveron durante este período foron shoka, que foi composta para levar a música occidental ás escolas e gunka.[4]
A medida que o Xapón avanzaba cara á democracia representativa a finais do século XIX, os líderes contrataron cantantes para vender copias de cancións que emitían as súas mensaxes, xa que normalmente aos propios líderes se lles prohibía falar en público. Tamén se desenvolveu unha forma distintiva xaponesa de tango chamada dodompa. Kayōkyoku asociouse enteiramente ás estruturas tradicionais xaponesas influenciadas por Enka. Entre os famosos cantantes de enka inclúense Hibari Misora, Saburo Kitajima, Ikuzo Yoshi e Haruo Minami.
Música artística
Música clásica occidental
Shuji Isawa (1851-1917) estudou música na Bridgewater Normal School e na Universidade Harvard e foi unha figura importante no desenvolvemento da música xaponesa de influencia occidental na era Meiji (1868-1912). Ao regresar ao Xapón en 1879, Isawa formou o Ongaku-Torishirabe-Gakari (Axencia de investigación musical), un centro nacional de investigación sobre música occidental; máis tarde foi rebautizado como Tokyo Music School (Tôkyô ongaku gakkô). En 1880, o amigo e profesor norteamericano de Isawa, Luther Whiting Mason, asumiu unha estancia de dous anos para desenvolver o currículo musical das escolas xaponesas. Kosaku Yamada, Yoshinao Nakada e Toru Takemitsu son compositores xaponeses que desenvolveron sucesivamente o que agora se coñece como música clásica xaponesa.[5]
A música clásica occidental ten agora unha forte presenza no Xapón e o país é un dos mercados máis importantes desta tradición musical,[6] con Toru Takemitsu compuxo música de vangarda, música clásica contemporánea e bandas sonoras de películas.[7] Intérpretes internacionais distinguidos inclúen o directorSeiji Ozawa e o pianista Fujiko Hemming.
A partir dos anos 30 (excepto durante a Segunda guerra mundial, cando foi reprimida como música do inimigo)[8][9] o jazz tivo unha forte presenza no Xapón.[10] O país é un mercado importante para a música e é común que alí estean dispoñibles gravacións non dispoñibles nos Estados Unidos ou Europa. Músicos como June (nacido no Xapón) e Dan (terceira xeración nacido nos Estados Unidos, de Hiroshima fama), e Sadao Watanabe teñen unha gran base de afeccionados fóra do seu país natal, e novos artistas xaponeses de jazz como H ZETTRIO, Chihiro Yamanaka e Hiromi Uehara lanzaron discos de jazz. Os dous irmáns Okino Shuya e Okino Yoshihiro de Kyoto Jazz Massive,Toshio Matsuura (antigo membro da United Future Organization) e DJ Shundai Matsuo creador do popular evento mensual de DJ Creole en Beppu, Xapón, así como artistas de nu-jazz, Sleepwalker, GrooveLine e Soil & "Pimp "Sessions, trouxo un gran cambio nas nocións tradicionais de jazz no Xapón. Algunhas das novas bandas inclúen Ego-Wrappin ' xunto con músicos máis experimentais como Otomo Yoshihide e Keiji Haino.
↑"Takemitsu, Toru", The Concise Oxford Dictionary of Music, Ed. Michael Kennedy, (Oxford, 1996), Oxford Reference Online, Oxford University Press (accessed March 16, 2007) [1] (acceso con subscrición).
↑Whatley, Katherine (2018-03-29). "Kiyoshi Koyama: A life lived with jazz". The Japan Times(en inglés). Arquivado dende o orixinal o 2019-06-09. Consultado o 2019-12-22. Around the same time as FEN’s broadcasts, jazz experienced a resurgence in popularity in Japan. It first became popular here during the late 1920s and ’30s, but was banned during World War II, along with other non-German music from the West.
↑Wilson, John S. (1978-05-26). "Jazz From Japan". The New York Times(en inglés). ISSN0362-4331. Arquivado dende o orixinal o 2019-12-22. Consultado o 2019-12-22. American jazz was banned during the war, but afterward, Japan leaped into jazz enthusiastically.
Till the End of the World beralih ke halaman ini. Untuk lagu Michelle Williams, lihat Unexpected. Kambha Ma KyeB. Indonesia: Hingga Akhir Duniaကမ္ဘာမကျေLagu kebangsaan MyanmarAliasKaba Ma Kyei (B. Indonesia: Hingga Akhir Dunia)Penulis lirikSaya Tin, 1947KomponisSaya Tin, 1930Terbit20 Juli 1930Penggunaan22 September 1947 Kambha Ma Kye (ကမ္ဘာမကျေ [ɡəbà mə tɕè] 'Hingga Akhir Dunia') adalah lagu kebangsaan Myanmar sejak 1947. Lagu ini terd...
زاوية صقر - قرية مصرية - تقسيم إداري البلد مصر المحافظة محافظة البحيرة المركز أبو المطامير المسؤولون السكان التعداد السكاني 19842 نسمة (إحصاء 2006) معلومات أخرى التوقيت ت ع م+02:00 تعديل مصدري - تعديل قرية زاوية صقر هي إحدى القرى التابعة لمركز أبو المطامير في...
Interim Register of Marine and Nonmarine GeneraSingkatanIRMNG (Interim Register of Marine and Nonmarine Genera)Tanggal pendirian2006 (2006)Kantor pusatOstend, BelgiaManager & curatorTony ReesBadan utamaWebsiteOrganisasi indukCommonwealth Scientific and Industrial Research Organisation (2006-2014);Flanders Marine Institute (2016-current)Situs webwww.irmng.org Interim Register of Marine and Nonmarine Genera (IRMNG) adalah pangkalan data taksonomi yang mencoba untuk mencakup nama genus ...
لمعانٍ أخرى، طالع الثورة (توضيح). صحيفة الثورةAl-Thawra (بالغير المعروفة) معلومات عامةالنوع إلكترونية وورقيةالتأسيس 1962 القطع القطع الكبير الثمن 50 ريال يمني التحريراللغة العربيةالإدارةالمقر الرئيسي صنعاءالناشر مؤسسة الثورةتعديل - تعديل مصدري - تعديل ويكي بيانات صحيفة ا...
Slogan encouraging women's empowerment For other subjects, see Girl Power (disambiguation). Part of a series onFeminism History Feminist history History of feminism Women's history American British Canadian German Waves First Second Third Fourth Timelines Women's suffrage Muslim countries US Other women's rights Women's suffrage by country Austria Australia Canada Colombia India Japan Kuwait Liechtenstein New Zealand Spain Second Republic Francoist Switzerland United Kingdom Cayman Islands Wa...
World Bowl XII Frankfurt Galaxy (2nd) Berlin Thunder (1st) 24 30 1234 Total FRA 37014 24 BER 73137 30 DateSaturday, June 12, 2004StadiumArena AufSchalke, Gelsenkirchen, GermanyMVPEric McCoo, Running backRefereeBill VinovichAttendance35,413CeremoniesHalftime showDr. AlbanTV in the United StatesNetworkFoxAnnouncersCurt Menefee and Brian Baldinger ← XI World Bowl XIII → World Bowl XII was NFL Europe's 2004 championship game. The game was played at Arena AufSchalke in Gelsen...
Warner Bros. Discovery, Inc.JenisPublikKode emiten Nasdaq: WBD (Series A) S&P 500 component[1] ISINUS9344231041IndustriMedia massa HiburanPendahuluWarnerMediaDiscovery, Inc.Didirikan8 April 2022; 2 tahun lalu (2022-04-08)Kantorpusat230 Park Avenue South, New York City, New York[2], Amerika SerikatWilayah operasiSeluruh duniaTokohkunci Samuel DiPiazza (Ketua) David Zaslav (Presiden dan CEO) JasaPenyiaranLisensiPenerbitanStreamingTelevisiDivisi Warner Bros. Discove...
Town and borough in Hertfordshire, England This article is about the town in Hertfordshire. For other uses, see Watford (disambiguation). Not to be confused with Walford, a fictional borough in EastEnders. Town & borough in EnglandWatfordTown & boroughFrom the top, Market Street, Atria Shopping centre, Holy Rood Church, Watford Town HallMotto: Be BoldWatford within HertfordshireCoordinates: 51°39′18″N 0°23′44.5″W / 51.65500°N 0.395694°W / 51.65...
1930 film White CargoDirected byJ. B. WilliamsWritten byLeon Gordon (play) Ida Vera Simonton (novel)J. B. WilliamsProduced byArthur BarnesJ. B. WilliamsStarringLeslie FaberJohn F. HamiltonMaurice EvansCinematographyKarl PuthFreddie YoungProductioncompanyNeo-Art ProductionsDistributed byWilliams and Pritchard FilmsRelease datesMay 1930 (Premiere)October 1930 (General Release)Running time88 minutesCountryUnited KingdomLanguagesSound (Part-Talkie)English Intertitles White Cargo is a 1930 sound p...
آنا ماريا بيريز دي تاغلي (بالإنجليزية: Anna Maria Francesca Enriquez Perez de Tagle) بيريز دي تاغلي في عام 2008. معلومات شخصية اسم الولادة (بالإنجليزية: Anna Maria Francesca Enriquez Perez de Tagle) الميلاد 23 ديسمبر 1990 (العمر 33 سنة)[1]سان فرانسيسكو، كاليفورنيا, الولايات المتحدة.[1] مواطنة الولايات ال�...
Disambiguazione – Se stai cercando il videogioco, vedi Potsworth & Co. (videogioco). Potsworth & Co.serie TV d'animazione Lingua orig.inglese PaeseStati Uniti d'America, Regno Unito AutoreMartin Powell, Vivien Schrager-Powell RegiaRay Patterson ProduttoreDavis Doi SceneggiaturaLane Raichert, Bill Matheny Dir. artisticaScott Jeralds MusicheMichael Tavera StudioHanna-Barbera ReteSyndication 1ª TV1º settembre – 24 novembre 1990 Episod...
Android tablet by Samsung Not to be confused with Samsung Galaxy S II. Samsung Galaxy Tab S2 9.7Samsung Galaxy Tab S2 9.7 in WhiteAlso known asSM-T810 (Wi-Fi only)SM-T815x, SM-T817x (3G/LTE & Wi-Fi; last letter varies by carrier & international models)ManufacturerSamsung ElectronicsProduct familyGalaxy Tab, Galaxy STypeTablet computerRelease date3 September 2015;8 years ago (2015-09-03)Operating systemAndroid 5.1.1 Lollipop Upgradable to Android 7.0 Nougat With TouchWizS...
SMP Negeri 49 SurabayaInformasiRentang kelasVII, VIII, IXKurikulumKurikulum Tingkat Satuan PendidikanAlamatLokasiJl. Kutisari Indah Selatan Vi/2a Surabaya, Kutisari, Surabaya, Jawa TimurMoto SMP Negeri 49 Surabaya, merupakan salah satu sekolah menengah pertama negeri yang ada di Provinsi Jawa Timur, Indonesia. Sama dengan SMP pada umumnya di Indonesia masa pendidikan sekolah di SMP Negeri 49 Surabaya ditempuh dalam waktu tiga tahun pelajaran, mulai dari Kelas VII sampai Kelas IX Fasilitas Ber...
1906 Rhode Island gubernatorial election ← 1905 November 6, 1906 1907 → Nominee James H. Higgins George H. Utter Party Democratic Republican Popular vote 33,195 31,877 Percentage 49.92% 47.94% Governor before election George H. Utter Republican Elected Governor James H. Higgins Democratic Elections in Rhode Island Federal government Presidential elections 1792 1796 1800 1804 1808 1812 1816 1820 1824 1828 1832 1836 1840 1844 1848 1852 1856 1860 1864 1868 1872...
English-language daily newspaper The IndependentTypeDaily newspaperFormatBroadsheetOwner(s)Independent Publications LimitedPublisherM Shamsur RahmanEditorM Shamsur RahmanFounded26 March 1995LanguageEnglishCeased publication30 January 2022HeadquartersBeximco Media Complex, 149-150, Tejgaon I/A, Dhaka-1208, BangladeshWebsitetheindependentbd.com The Independent was an English-language daily newspaper published in Dhaka, Bangladesh.[1][2] It was owned by Beximco Group of Banglades...
Software issue This article may contain citations that do not verify the text. Please check for citation inaccuracies. (October 2019) (Learn how and when to remove this message) License compatibility is a legal framework that allows for pieces of software with different software licenses to be distributed together. The need for such a framework arises because the different licenses can contain contradictory requirements, rendering it impossible to legally combine source code from separately-l...
Paguyuban PasundanLogo Paguyuban PasundanTanggal pendirian20 Juli 1913; 110 tahun lalu (1913-07-20)StatusAktifTipeOrganisasi kemasyarakatanKantor pusatBandung, Jawa BaratWilayah layanan Indonesia dan Amerika Serikat[1]Bahasa resmi Indonesia dan SundaKetua UmumDidi TurmudziSitus webwww.paguyubanpasundan.org Paguyuban Pasundan (ejaan aslinya Pagoejoeban Pasoendan) adalah organisasi budaya Sunda yang berdiri pada tanggal 20 Juli 1913 yang didirikan oleh Daeng Kanduruan Ardiwinata, s...
هذه المقالة بحاجة لصندوق معلومات. فضلًا ساعد في تحسين هذه المقالة بإضافة صندوق معلومات مخصص إليها. يفتقر محتوى هذه المقالة إلى الاستشهاد بمصادر. فضلاً، ساهم في تطوير هذه المقالة من خلال إضافة مصادر موثوق بها. أي معلومات غير موثقة يمكن التشكيك بها وإزالتها. (يناير 2022) هذه الم...
Yang MuliaÁlvaro Leonel Ramazzini ImeriUskup HuehuetenangoRamazzini di tahun 2010GerejaGereja LatinKeuskupanHuehuetenangoTakhtaHuehuetenangoPenunjukan14 Mei 2012Awal masa jabatan14 Juli 2012PendahuluRodolfo Francisco Bobadilla MataJabatan lainKardinal-Imam San Giovanni Evangelista a Spinaceto (2019-)ImamatTahbisan imam27 Juni 1971oleh Mario Casariego y AcevedoTahbisan uskup6 Januari 1989oleh Paus Yohanes Paulus IIPelantikan kardinal5 Oktober 2019oleh Paus FransiskusPeringkatKardina...
كأس النرويج 2004 تفاصيل الموسم كأس النرويج النسخة 99 البلد النرويج التاريخ بداية:5 مايو 2004 نهاية:7 نوفمبر 2004 المنظم اتحاد النرويج لكرة القدم البطل نادي بران مباريات ملعوبة 127 عدد المشاركين 32 كأس النرويج 2003 كأس النرويج 2005 تعديل مصدري - تعديل ...