Mul (anglosaxón: Mūl: Mūl, literalmente "mula"), finado en 687, puido gobernar brevemente como rei de Kent despois da conquista polo seu irmán, Caedwalla de Wessex, en 686.
Traxectoria
O pai de Mul era Coenberht, cousa que o fai un membro da Casa de Wessex (un descendante de Cynric). O nome Mul é moi infrecuente e considerouse que deriva do latino mulus, que significa mula, unha palabra que se sabe que entrara no léxico do anglosaxón; o máis seguro é que fose un alcume que se volveu habitual[1].
A Crónica anglosaxoa relata que en 686, "Caedwalla e Mul, o seu irmán, devastaron Kent e Wight". En 687, con todo, informa que "Mul foi queimado en Kent, e 12 outros homes con el; e que ese ano Caedwalla devastou de novo Kent".
En 694, segundo a Crónica anglosaxoa, a xente de Kent púxose de acordo con Ine, sucesor de Caedwalla, e concedeulle unha suma "porque queimaran a Mul antes".
O reinado de Mul aparece mencionado nun documento de Swæfheard[2].
Notas
- ↑ Britons and Saxons: The Chiltern Region 400-700.
- ↑ Swæfheard
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Orixes | |
---|
século VII | |
---|
século VIII | |
---|
século IX | |
---|