Mozart in the Jungle é unha serie de televisión estadounidense desenvolvida por Roman Coppola, Jason Schwartzman, Alex Timbers e Paul Weitz para o servizo de vídeo baixo demanda Amazon Video.[1]
A historia está inspirada no libro de 2005 da oboísta Blair Tindall Mozart in the Jungle: Sex, Drugs, and Classical Music, no que narra as súas memorias como oboísta profesional en Nova York tocando coa New York Philharmonic e orquestras de espectáculos de Broadway shows.[2] Unha das personaxes principais é Rodrigo, encarnado por Gael García Bernal, unha personaxe baseada no director de orquestra Gustavo Dudamel,[3] xunto con Lola Kirke, Malcolm McDowell, Saffron Burrows, Hannah Dunne, Peter Vack, e Bernadette Peters.
O día 6 de abril de 2018 Amazon confirmou o final da serie logo da cuarta tempada estreada en febreiro dese mesmo ano.[4]
Elenco e personaxes
Personaxes principais
Lola Kirke e Gael García Bernal encarnan a Hailey Rutledge e Rodrigo de Souza, a principal parella protagonista da serie.
Nome |
Representado por |
Ocupación |
Tempadas
|
1 |
2 |
3 |
4
|
Hailey Rutledge |
Lola Kirke |
Talentosa oboísta que quere tocar na Orquestra Sinfónica de Nova York e que ao longo da serie establece un forte vínculo co director Rodrigo De Souza. |
Protagonista
|
Rodrigo De Souza |
Gael García Bernal |
O novo director da Orquestra Sinfónica de Nova York. Ao longo da serie establece un forte vínculo coa oboísta Hailey Rutledge. |
Protagonista
|
Gloria Windsor |
Bernadette Peters |
Presidenta da Orquestra Sinfónica de Nova York. |
Protagonista
|
Thomas Pembridge |
Malcolm McDowell |
O director emérito da Orquestra Sinfónica de Nova York. |
Protagonista
|
Cynthia Taylor |
Saffron Burrows |
Violonchelista da Orquestra Sinfónica de Nova York. |
Protagonista
|
Personaxes secundarios
Nome
|
Representado por
|
Ocupación
|
Elizabeth "Lizzie" Campbell |
Hannah Dunne |
Compañeira de piso e mellor amiga de Hailey Rutledge.
|
Alex Merriweather |
Peter Vack |
Bailarín, parella de Hailey durante as dúas primeiras tempadas.
|
Betty Cragdale |
Debra Monk |
Oboísta da Orquestra Sinfónica de Nova York dende hai moito tempo, que de inmediato despreza a Hailey.
|
Union Bob |
Mark Blum |
Frautista piccolo na orquestra e sindicalista que logo do peche patronal da orquestra compaxina o seu traballo na mesma co de condutor de Uber.
|
Sharon |
Jennifer Kim |
Primeira asistente de Rodrigo.
|
Warren Boyd |
Joel Bernstein |
Concertino da orquestra.
|
Anna Maria |
Nora Arnezeder |
Violinista e exmuller de Rodrigo.
|
Dee Dee |
John Miller |
Percusionista da orquestra que tamén subministra fármacos e drogas ao resto de integrantes.
|
Triangle Tanya |
Rubio Qian |
Percusionista da orquestra encargada de tocar o triángulo.
|
Edward Biben |
Brennan Brown |
Membro da xunta da orquestra.
|
Nina Robertson |
Gretchen Mol |
Avogada dos músicos da orquestra durante a crise laboral que acaba namorándose de Cynthia.
|
Addison |
Makenzie Leigh |
Bailarina, compañeira de baile e de piso de Alex.
|
Claire |
Margaret Ladd |
Exmuller de Thomas que morre logo de escoitar a súa sinfonía completa.
|
Bradford Sharpe |
Jason Schwartzman |
Amante da música clásica e propietario do seu propio podcast, "B-Sharpe". Mantén durante algún tempo unha relación coa mellor amiga de Hailey, Lizzie Campbell.
|
Marlin Guggenheim |
John Hodgman |
Un presunto multimillonario namorado de Hailey.
|
Winslow Elliott |
Wallace Shawn |
Pianista concertista neurótico.
|
Manuel |
Tenoch Huerta Mejía |
Amigo da infancia de Rodrigo.
|
Andrew Walsh |
Dermot Mulroney |
Solista de violonchelo que confraterniza con Hailey.
|
Alessandra |
Monica Bellucci |
Unha soprano italiana que vive en Venecia. Alcumada "La fiamma", retirouse da música, aínda que Rodrigo a persuade para que volva cantar.
|
|
Ana María Martínez |
Voz de Alessandra ao cantar.
|
Pavel |
Sandro Isaack |
Membro do persoal da orquestra que mantén unha breve relación con Gloria.
|
Mike Margusa |
Philip Jackson |
Amigo de Hailey a quen ela recruta para traballar na orquestra.
|
Sebastian |
Christian Coulson |
Membro da orquestra de Andrew Walsh que posteriormente convértese en membro da orquestra de Hailey e trasládase ao piso desta.
|
Shawn |
Cole Escola |
Compañeiro de piso de Hailey e membro da súa orquestra que se acaba convertendo no mozo de Sebastian.
|
Mozart |
Santino Fontana |
Visión de Mozart coa que Rodrigo adoita falar na súa imaxinación.
|
Liberace |
David Turner |
Substitúe como visión de Rodrigo a Mozart durante un breve período de tempo.
|
Cameos
A serie foi tamén coñecida por incluír cameos de destacadas personalidades da música clásica como Gustavo Dudamel, o pianista chinés Lang Lang, a compositora estadounidense Caroline Shaw, o violinista Joshua Bell,[5] ou o tenor español Plácido Domingo.[6]
O primeiro capítulo da segunda tempada, titulado "Stern Papa" contou coa presenza do director de orquestra venezolano Gustavo Dudamel como membro do equipo técnico nun concerto que a Sinfónica de Nova York ofrece nos Ánxeles.[7] Tamén nesa mesma tempada, no cuarto episodio, titulado "Touché Maestro, Touché", aparecen o violinista estadounidense Joshua Bell, o pianista Emanuel Ax, e o tamén pianista chinés Lang Lang facendo deles mesmos.[8] Joshua Bell aparece novamente no episodio "Creative Solutions For Creative Lives", o noveno da terceira tempada, como reforzo para a orquestra que dirixe Hailey.[9]
O compositor estadounidense Nico Muhly aparece en "The Modern Piece",o segundo episodio da terceira tempada encarnándose a si mesmo.[10] No quinto episodio da terceira tempada aparece o tenor español Plácido Domingo interpretando un duetto con "La Fiamma", interpretada por Monica Bellucci,[11] que tamén aparece nos catro episodios anteriores encarnando á diva italiana ficticia.[12]
En "Significant Lover", o terceiro episodio da quinta tempada, aparece a compositora estadounidense Caroline Shaw encarnándose a si mesma.[13] Tamén na cuarta tempada, no noveno episodio ("I Want You To Think Of Me") a cantante rock Joan Jett interprétase a si mesma.[14]
Tempadas
Recepción
A primeira tempada da serie recibiu comentario positivos por parte da crítica. O agregador de recensións Rotten Tomatoes deulle á serie unha porcentaxe do 95%, 'fresh', baseado en 20 críticas, co consenso da crítica "Aínda que confinado ao mundo illado da música clásica, en Mozart in the Jungle Gael García Bernal fai cantar este pequeno e encantador espectáculo".[18] Metacritic puntuou a serie cun 73 sobre 100, indicando 'críticas xeralmente favorables'.[19] Cory Barker, escribindo para TV.com, eloxiou a serie: "O que funciona tan ben é que Mozart non ten medo de botarte nun mundo no que probablemente non esteas familiarizado, mais non chega tan lonxe no extremo profundo que inmediatamente te somerxes na xerga e apostas dramáticas distanciadas".[20] Robert Lloyd, para The Los Angeles Times, tamén eloxiou a primeira tempada, afirmando que "As personaxes que foron portavoces de actitudes comezan a parecer persoas, máis complicadas do que unha descrición en miniatura pode prover. Interésaste no que será delas sen agardar ou alentar ningún resultado particular".[21] Kory Grow, de Rolling Stone, tamén eloxiou a serie, escribindo que "grazas aos guións extravagantes e un elenco de actores intelixente... resulta fantástica sen soar fora de ton."[22]
Tim Goodman, de The Hollywood Reporter, tamén lle deu á primeira tempada unha crítica positiva. "Bernal é agradable e magnético, e fai que o maestro ecléctico apareza na pantalla. El só vale para transmitir a serie, mais, afortunadamente, hai moitas máis cousas nela".[23] Brian Lowry, escribiu para Variety, tamén gabando a serie: "Se ben Mozart é sen dúbida unha confección de nicho, o programa xeralmente brilla ao demostrar moito encanto mesmo cando non hai moitas risas".[24] Nunha crítica máis variada, Jeff Jensen de Entertainment Weekly deulle á serie un B-.
Crítica
Se ben a crítica con mentalidade social eloxiou o pulo da serie pola equidade de xénero, a orquestra case totalmente integrada por persoas brancas e o elenco principal recibiron críticas de parte do NPR por ser pouco realista, dada a prevalencia de músicos do leste de Asia nas orquestras da vida real.[25]
Premios
Notas
- ↑ Gans, Andrew (12 de marzo de 2014). "Amazon Studios Picks Up "Mozart in the Jungle" Pilot Starring Bernadette Peters". playbill.com (en inglés). Consultado o 7 de xullo de 2019.
- ↑ Burton, Louise (11 de decembro de 2013). "Amazon’s TV Pilot ‘Mozart in the Jungle,’ with Joshua Bell and Malcolm McDowell, Is a Tale of Sex, Drugs and…Classical Music?" (en inglés). Classicalite. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 22 de xullo de 2019.
- ↑ Ramey, Corinne (6 de decembro de 2013). "Amazon Studios' 'Mozart in the Jungle' Offers New View of Music World". The Wall Street Journal (en inglés). Consultado o 22 de xullo de 2019.
- ↑ Littleton, Cynthia (6 de abril de 2018). "‘Mozart in the Jungle’ Canceled After Four Seasons at Amazon". Variety.com (en inglés). Consultado o 22 de xullo de 2019.
- ↑ "Amazon cancela "Mozart in the Jungle", protagonizada por Gael García Bernal". La Vanguardia (en castelán). 7 de abril de 2018. Consultado o 22 de xullo de 2019.
- ↑ Cooper, Michael (24 de xullo de 2016). "Ni siquiera Plácido Domingo puede decirle que no a ‘Mozart in the Jungle’". The New York Times (en castelán). Consultado o 22 de xullo de 2019.
- ↑ "Stern Papa (2015). Full Cast & Crew" (en inglés). imdb.com. Consultado o 22 de xullo de 2019.
- ↑ "Touché Maestro, Touché (2015). Full Cast & Crew" (en inglés). imdb.com. Consultado o 22 de xullo de 2019.
- ↑ "Creative Solutions For Creative Lives (2016). Full Cast & Crew" (en inglés). imdb.com. Consultado o 22 de xullo de 2019.
- ↑ "The Modern Piece (2016). Full Cast & Crew" (en inglés). imdb.com. Consultado o 23 de xullo de 2019.
- ↑ "Now I Will Sing (2016). Full Cast & Crew" (en inglés). imdb.com. Consultado o 22 de xullo de 2019.
- ↑ "Monica Bellucci" (en inglés). imdb.com. Consultado o 23 de xullo de 2019.
- ↑ "Significant Lovera (2018). Full Cast & Crew" (en inglés). imdb.com. Consultado o 23 de xullo de 2019.
- ↑ "I Want You To Think Of Me" (en inglés). imdb.com. Consultado o 23 de xullo de 2019.
- ↑ 15,0 15,1 Gambino, Joe (30 de decembro de 2015). "Second Season of "Mozart in the Jungle," Starring Bernadette Peters, Arrives Today". playbill.com (en inglés). Consultado o 10 de xullo de 2019.
- ↑ 16,0 16,1 Butler, Karen (7 de agosto de 2016). "'Mozart in the Jungle' to kick off Season 3 on Dec. 9". upi.com (en inglés). Consultado o 10 de xullo de 2019.
- ↑ 17,0 17,1 Butler, Karen (12 de decembro de 2017). "Amazon anuncia el regreso de 'Mozart in the jungle' con el tráiler de la temporada 4". espinof.com (en castelán). Consultado o 10 de xullo de 2019.
- ↑ "Mozart in the Jungle: Season 1" (en inglés). Rotten Tomatoes. Consultado o 19 de agosto de 2019.
- ↑ "Mozart in the Jungle - Season 1" (en inglés). Metacritic. Consultado o 19 de agosto de 2019.
- ↑ Barker, Cory (6 de xaneiro de 2015). "4 Reasons Why You Should Binge-Watch Amazon's Mozart in the Jungle This Week" (en inglés). TV.com. Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2017. Consultado o 17 de outubro de 2019.
- ↑ Lloyd, Robert (23 de decembro de 2014). "Review 'Mozart in the Jungle' on Amazon gets good after woeful pilot" (en inglés). Los Angeles Times. Consultado o 17 de outubro de 2019.
- ↑ Grow, Kory (22 de decembro de 2014). "Bittersweet Symphony: Inside the Sex and Drugs of 'Mozart in the Jungle'" (en inglés). Rolling Stone. Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2018. Consultado o 17 de outubro de 2019.
- ↑ Goodman, Tim (23 de decembro de 2014). "'Mozart In the Jungle': TV Review" (en inglés). The Hollywood Reporter. Consultado o 17 de outubro de 2019.
- ↑ Lowry, Brian (17 de decembro de 2014). "TV Review: Amazon’s ‘Mozart in the Jungle’" (en inglés). Variety. Consultado o 17 de outubro de 2019.
- ↑ Huizenga, Tom; Tsioulcas, Anastasia (15 de xaneiro de 2015). "What We Love And Hate About 'Mozart In The Jungle'" (en inglés). NPR. Consultado o 17 de outubro de 2019.
- ↑ "2015 Imagen Awards Winners, Honorees & Nominees" (en inglés). The Imagen Foundation. Consultado o 13 de xullo de 2019.
- ↑ "Winners & Nominees 2016" (en inglés). Hollywood Foreign Press Association. Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2016. Consultado o 13 de xullo de 2019.
- ↑ "68th Emmy Awards Nominees and Winners" (en inglés). Academy of Television Arts & Sciences. Consultado o 13 de xullo de 2019.
- ↑ "Winners of 31st Annual Imagen Awards Announced" (en inglés). The Imagen Foundation. Consultado o 13 de xullo de 2019.
- ↑ "Winners & Nominees 2017" (en inglés). Hollywood Foreign Press Association. Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2017. Consultado o 13 de xullo de 2019.
- ↑ "69th Emmy Awards Nominees and Winners" (en inglés). Academy of Television Arts & Sciences. Consultado o 13 de xullo de 2019.
Véxase tamén
Ligazóns externas