Os motores síncronos son un tipo de motor eléctrico de corrente alterna. A súa velocidade de xiro é constante e depende da frecuencia da tensión da rede eléctrica á que estea conectado e polo número de pares de polos do motor, sendo coñecida esa velocidade como "velocidade de sincronismo".
A expresión matemática que relaciona a velocidade da máquina cos parámetros mencionados é:
onde:
f: Frecuencia da rede á que está conectada a máquina (Hz)
Por exemplo, se se ten unha máquina de catro polos (2 pares de polos) conectada a unha rede de 50 Hz, a máquina operará a 1.500 r.p.m.
Funcionan de forma moi similar a un alternador. Dentro da familia dos motores síncronos debemos distinguir:
1. Os motores síncronos.
2. Os motores asíncronos sincronizados.
3. Os motores de imán permanente.
Os motores síncronos son chamados así, porque a velocidade do rotor e a velocidade do campo magnético do estator son iguais.
Os motores síncronos úsanse en máquinas grandes que teñen unha carga variable e necesitan unha velocidade constante.
Arranque dun motor trifásico síncrono.
Existen catro tipos de arranques diferentes para este tipo de motor:
1. Como un motor asíncrono.
2. Como un motor asíncrono, pero sincronizado.
3. Utilizando un motor secundario ou auxiliar para o arranque.
4. Como un motor asíncrono, usando un tipo de arrollamento diferente: levará uns aneis rozantes que conectarán a roda polar do motor co arrancador.
Freado dun motor trifásico síncrono.
Por regra xeral, a velocidade desexada deste tipo de motor realízase por medio dun reostato.
O motor síncrono cando alcance o par crítico deterase, non sendo esta a forma máis ortodoxa de facelo. O par crítico alcánzase cando a carga asignada ao motor supera ao par do motor. Como comento, non é a forma apropiada para deter o motor, estrágase se abusamos diso, porque se requenta.
A mellor forma de facelo, é ir variando a carga ata que a intensidade absorbida da rede sexa a menor posible, entón desconectaremos o motor.
Outra forma de facelo, e a máis habitual, é regulando o reostato, con iso variamos a intensidade e podemos desconectar o motor sen ningún risco.