A pesar de que en 1986 xa existía unha fábrica cervexeira en Barcelona propiedade de Felip Costa, a empresa Moritz é considerada como a primeira compañía cervexeira industrial creada no estado español.[2] A empresa foi fundada en 1856 por Louis Moritz, que producía cervexa para diversos locais ata que no ano 1864 construíu unha gran fábrica na rúa Casanova no cruzamento coa ronda de Sant Antoni. Foi unha das primeiras construcións do Eixample de Barcelona, fóra da muralla.[2]
En agosto de 1944 un grupo de maquiscomunistas procedentes de Francia asaltaron a fábrica de cervexas Moritz como acción de desestabilización.
Elaboración
A elaboración da cervexa Moritz realízase mediante a cocción de maltes pálidos con auga do manancial de Font d'Or. Na súa elaboración non se empregan extractos amargos de lúpulo, senón directamente as súas flores en infusión cunha gran proporción da variedade de saaz (Chequia), moi aromática e menos amarga.