Moreno Gadelha Veloso, nado en Salvador o 22 de novembro de 1972, é un cantante e compositor brasileiro.
Traxectoria
É fillo de Caetano Veloso, un dos grandes expoñentes da música popular brasileira (MPB), e da primeira esposa deste, a actriz de orixe galega,[1] Idelzuith (Dedé) Gadelha Veloso.[2][3][4] Os seus padriños son os tamén músicos Rogério Duarte e Gal Costa.
Aínda que estudou Física na Universidade, escolleu o camiño da música, igual que seu pai. Formou un trío xunto con Alexandre Kassin e Domenico Lancelotti, publicando no ano 2000 o seu primeiro disco, titulado Máquina de Escrever Música, co selo Rock it!, de Dado Villa-Lobos. A banda cambiaba de nome con cada traballo, dependendo de quen era o músico principal en cada disco. Deste xeito chamouse Moreno+2, Kassin+2 e Domenico+2.[5]
En 2014 lanzou Coisa Boa. Ten composto para artistas como Adriana Calcanhotto, Roberta Sá ou o seu propio pai.
Vida persoal
Está casado, dende 2004, coa antropóloga Clara Flaksman e teñen dous fillos xuntos: Rosa, nada en xaneiro de 2006 e José, que veu ao mundo en novembro de 2008.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos