É un morcego de gran tamaño e ás longas e estreitas, coa cabeza típica do xénero Tadarida, con orellas ríxidas proxectadas cara a adiante. A cola sobresae por fóra da membrana caudal e se retrae no uropataxio cando está en voo.
A cor do pelo é moi variable dende o pardo ao gris claro, algúns exemplares presentan áreas canosas. As femias son lixeiramente máis grandes. Miden entre 57 e 64 milímetros e o seu peso atópase entre os 22 a 54 gramos. A súa fórmula dentaria é .
Mostran unha gran variedade de chamadas sociais, tanto dende os refuxios como en voo, con exhibicións sonoras dos machos dominantes e fortes emisións durante as persecucións aéreas. Emite entre 9 e 15 kHZ, sendo audible para o oído humano.
Os refuxios localízanse en farallóns rochosos, cantís mariños e estruturas artificiais como pontes ou edificios. Aliméntanse por riba de núcleos habitados e espazos abertos nun amplo rango altitudeinal, observóuselles alimentándose a grande altura (de 200 a 300 metros) nas cidades. Atópase dende o nivel do mar até os 2.300 m de altitude.
Ameazas
Como ocorre a boa parte dos quirópteros e segundo os hábitats que ocupan, as molestias causadas aos veciños das construcións que habitan, provocan a expulsión ou fumigación das colonias, así como a reparación destes edificios taponando as fisuras onde aniñan. O descenso nas poboacións de lepidópteros nocturnos, que constitúen o seu alimento máis importante, tamén afecta á especie. O seu voo alto e veloz, con grandes desprazamentos en busca de alimento, fanlle candidato ao choque coas pas dos parques eólicos.