Morbid Angel |
---|
|
Orixe | Tampa, Florida, |
---|
Período | 1984 - actualidade |
---|
Xénero(s) | death metal |
---|
Selo(s) discográfico(s) | Combat, Earache, Giant, Candlelight, Roadrunner, New Renaissance, Season of Mist |
---|
Membros | Trey Azagthoth Pete Sandoval David Vincent Destructhor |
---|
Antigos membros | Mike Browning Wayne Hartsell Dallas Ward Richard Brunelle Kenny Bamber Sterling Von Scarborough Steve Tucker Erik Rutan Jared Anderson Tony Norman John Ortega Michael Manson |
---|
Na rede |
---|
http://www.morbidangel.com/ |
|
Morbid Angel é un grupo de death metal procedente de Florida, Estados Unidos. É considerada como banda pioneira dentro do estilo xunto a bandas como Death, Vader, Deicide, Obituary, Possessed e Cannibal Corpse. Foi formada en 1983.
Membros
Historia
Trey Azagthoth xunto a Mike Browning e David Vincent comezan un grupo musical chamado Morbid Angel co disco Abominations of Desolation, pero este non sería sacado ata varios anos máis tarde, polo que o seu primeiro disco oficial é Altars of Madness, editado en 1989, que coas súas guitarras a voz de Vincent fixérono un son novo e rechamante dentro do estilo.
Logo virían traballos como Blessed are the Sick en 1991 e Covenant en 1993. Morbid Angel foi a primeira banda de death metal que asinaba cunha discográfica importante ao facer Covenant.
Domination converteuse na súa obra capital e nun dos discos alicerces dun xénero que xa empezaba a esgotarse, expandiendo e fundamentando todo aquilo que antes realizaran.
Formulas Fatal to the Flesh supuxo o regreso a un son menos técnico e máis primitivo e brutal, seguido por Gateways to Annihilation, integrando novos tipos de voces e guitarras. Aínda que a formación tivo varios cambios ao pasar os anos, o son de Morbid Angel non presentou gran variación.
Como dato curioso, o nome dos seus discos están ordenados por orde alfabético segundo a data de creación, ademais no disco Formulas Fatal to the Flesh ten tres letras F que significa 666 xa que a letra F é a sexta no abecedario.
Discografía
Álbums
Véxase tamén
Ligazóns externas