O Mora IK (tamén coñecido como Mora Hockey) é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Mora (Suecia). Actualmente compite na Hockeyallsvenskan, a segunda categoría do hóckey sobre xeo sueco, aínda que durante catro tempadas competiu na máxima categoría, a Elitserien (dende a tempada 2004–05 á 2007–08), e outras 21 antes de que adoptara a denominación actual (da tempada 1945–46 á 1948–49, da 1950–51 á 1951–52, 1953–54, da 1956–57 á 1958–59, 1962–63, da 1964–65, e da 1966–67 á 1974–75).
Historia
O Mora IK foi fundado en 1935 e ascendeu á máxima categoría en 1945. Logo de varias tempadas na segunda categoría (a Hockeyallsvenskan, o Mora gañou a promoción á Elitserien en 2004 e tomou a vantaxe no lockout desa tempada na National Hockey League para fichar a varios xogadores como Shawn Horcoff, Daniel Cleary e os irmáns Marián e Marcel Hossa, que contribuíu a que a Elitserien se convertese nun dos principais destinos para os xogadores da NHL durante a cancelada tempada 2004-05. O Mora finalizou ese ano na novena posición, un bo resultado para un equipo que acababa de ascender. Con todo, na tempada 2007-08, o equipo finalizou 11º na táboa, véndose forzado a xogar a Kvalserien para manter a categoría, aínda que finalmente rematarían na 4ª posición, descendendo á HockeyAllsvenskan. O equipo xogaría novamente a Kvalserien para ascender á máxima na tempada 2010-11, aínda que rematou na derradeira posición, polo que non puido conseguir o ascenso. Durante o lockout de 2012 na NHL, chegou ao equipo Bobby Ryan (Anaheim Ducks), e Anze Kopitar (do gañador da Stanley Cup Los Angeles Kings) uniuse tamén ao equipo sueco para xogar co seu irmán Gašper no tempo que durara o lockout.
Xogadores
Números retirados
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas