O Patrimonio da Humanidade da UNESCO Monumentos Históricos da Antiga Nara abarca oito lugares da antiga capital Nara na Prefectura de Nara, Xapón. Cinco son templo budista, un é un santuario xintoísta, un é un palacio e outro un bosque primario. As propiedades inclúen 26 edificios designados polo Goberno xaponés como Tesouros Nacionais, así como 53 designados como Sitios Culturais Importantes. Todos recoñecidos como Lugares Históricos. O Palacio de Nara foi designado como Lugar Histórico Especial e o Bosque Primixenio de Kasugayama como Monumento Natural. Tōdai-ji, Kōfuku-ji e o Bosque Primixenio de Kasugayama superpóñense co Parque de Nara, un parque designado como un dos "Lugares de Beleza Escénica" polo Ministerio de Educación, Cultura, Deportes, Ciencia e Tecnoloxía (MEXT). A UNESCO incluíu o sitio como Patrimonio da Humanidade en 1998.[1][2]
Lista de sitios
A táboa enumera información sobre cada un dos 8 bens da lista do Patrimonio da Humanidade para os Monumentos Históricos da antiga Nara:
- Nome: en galego e xaponés
- Tipo: Finalidade do sitio. A lista inclúe cinco templos budistas ("-ji"), un santuario xintoísta ("-jinja"), un palacio e un bosque primixenio.
- Período: período de tempo significativo, normalmente de construción
- Localización: localización do sitio (por barrio) e por coordenadas xeográficas
- Descrición: breve descrición do sitio
Notas
- Referencias
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Ligazóns externas