O termo mole (do náhuatlmolli ou mulli), refírese a varios tipos de mollos mexicanos feitos principalmente a base de chiles e especias, e que son espesados con masa de millo, e tamén ós pratos con carne e vexetais que son preparados con estes mollos.
Orixinalmente facía referencia a calquera mollo ou combinación de ingredientes, e actualmente serve para nomear varios pratos da cociña mexicana, especificamente a un grupo de pratos que teñen algúns elementos en común, como o feito de prepararse a base de chiles e especias. Na cociña mexicana actual, o mole adoita acompañar carnes cocidas.[1]
O mole máis coñecido en México é o mole poblano, que para moitas persoas é o mole por antonomasia e adoita ser chamado "prato nacional" de México. Porén, existen moitas variedades de mole.