O artigo 5 do devandito Tratado da Unión establecía: "só o Congreso terá a facultade de cuñar moeda nos Estados Unidos de Bélxica, e de fixar o seu título e o seu valor".[2]
Moedas
As moedas emitíronse en oito valores faciais diferentes, con denominacións en liards, soldos e floríns, unicamente durante a curta existencia do novo país, polo que todas elas amosan a data de 1790. Tanto as súas lendas, en latín, como a iconografía representadas nelas aluden á unidade do Estado.[3][4]
A/: león rampante, que sostén unha espada e un escudo coa palabra LIBERTAS, rodeado por lenda. Data no exergo. R/: escudos dos 11 estados cun sol radiante no centro. Lenda arredor.
DOMINI EST REGVM ("O reino é do Señor..." ET IPSE DOMINABITVR GENTIVM ("...e el terá dominio sobre as nacións") [Salmos 22:29].[10]