Moeda dun franco Institut de France

1 franco Institut de France [1][2][3]
A/: Da cúpula do Instituto de Francia emanan as "luces do daber" entre catro estrelas (as catro academias). Valor facial (1 F). Marca de gravador (R·C·). Data no exergo.

Lendas: REPUBLIQUE FRAÇAISE / INSTITUT DE FRANCE

R/: Fasces central, desatada e chameante; tres pólas de oliveira. Marcas do director da ceca: cornucopia e abella.

Lendas: INSTITUT NATIONAL DES CIENCES / 1795 / LIBERTÉ · ÉGALITÉ · FRATERNITÉ

O franco Institut de France é unha moeda con valor facial dun franco francés emitida en 1995 en conmemoración do bicentenario da constitución do Instituto de Francia en París, en 1795.[1][2][3]

Caracterización

O deseño e o gravado da moeda débeselle ao escultor e medallista francés Raymond Corbin (1907-2002),[1][2][3] autor doutras moedas francesas como a de 100 francos conmemorativa de Marie Curie (1984).[4]

Da produción do franco conmemorativo do Institut de France encargouse a Monnaie de Paris.[1][2]

Cúpula do Instituto de Francia, que se reproduce no anverso da moeda.

Existe unha variante da moeda, á parte do seu modelo estándar. Trátase dunha tiraxe reducida cun acabamento especial (proof ou essai), con fondo espello e relevo mate, na que se inscribiu a palabra ESSAI en letras pequenas no reverso, ao pé da póla de oliveira da parte esquerda.[5]

Tiraxes

Ano de emisión Tipo Exemplares cuñados
1995 Proof - Essai 1.850
Estándar 4.976.011

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos