Moeda de 2.000 pesetas de 2000

2000 pesetas de 2000 [1][2]
A/: Cabeza espida de Xoán Carlos I cara á esquerda. Data.

Lenda: JUAN CARLOS I REY DE ESPAÑA

R/: Busto de Carlos V laureado cara á dereita. Silueta do escudo imperial. Marca de ceca (M).

LENDA: FELIPE II 1598-1998 / 2000 PTAS

A moeda de 2.000 pesetas de 2000 é unha moeda española de prata dese valor facial emitida pola FNMT para conmemorar os 500 anos do nacemento de Carlos I de España e V do Sacro Imperio Romano Xermánico, nado en Gante, Condado de Flandres, o 24 de febreiro de 1500.

Trátase da sétima emisión da serie de moedas circulantes de 2.000 pesetas de prata, que se iniciou en 1994.

Marco lexislativo

Mediante unha Orde do 30 de novembro de 1999, publicada no Boletín Oficial do Estado do 11 de decembro, acordouse a emisión, a cuñaxe e a posta en circulación dunha moeda de 2.000 pesetas de prata con data 2000, conmemorativa dos 500 anos do nacemento de Carlos V.[1]

Conforme establecía a Orde, a moeda era de curso legal e debía ser proporcionada polas entidades bancarias ao seu valor facial,[1] aínda que a súa circulación foi escasa, dada a súa curta tiraxe final —1.565.400 exemplares—[3] e tendo en conta que naquel momento existía xa un billete de 2.000 pesetas de uso moi común, polo que a maioría dos exemplares foron retirados da circulación polos coleccionistas numismáticos e pola poboación en xeral, a modo de recordo.[4]

A norma establecía tamén que "esta moeda será admitida nas caixas públicas sen limitación, e entre particulares ata 20.000 pesetas, calquera que for a contía do pagamento".[1]

Caracterización

Escudo de Carlos V no planisferio de Giovanni. Vespucci de 1526.[5]

O seu anverso, deseñado e gravado por Manuel Martínez Tornero, amosa un busto de perfil de Xoán Carlos I (1975-2014) ollando cara á esquerda, rodeado pola lenda JUAN CARLOS I REY DE ESPAÑA e a data de 2000. O conxunto está encerrado por unha grafila de puntos.[1][2]

Calcografía cun retrato de Carlos V (1583).[6]

Pola súa banda, o reverso, obra de Begoña Castellanos García, presenta como motivo principal un busto laureado de Carlos V de perfil e ollando cara á dereita.[1][2]

Completan o reverso, á dereita do retrato unha silueta do escudo imperial; na parte superior a expresión do valor facial da moeda, 2000 PTAS, entre dúas liñas horizontais; na parte inferior, á dereita un M coroado a modo de marca de ceca da Fábrica Nacional de Moneda y Timbre, e a lenda V CENTENARIO CARLOS V, partida por unha imaxe latente na que, en función da orientación, se pode ver ou ben novamente a marca de ceca ou ben as dúas cifras derradeiras do ano de emisión: 00. Contrariamente ao habitual na serie de moedas de 2.000 pesetas, neste caso a imaxe latente non tenforma circular, senón que adquire forma de escudo de armas.[1][2]

A moeda de 2.000 pesetas foi desmonetizada o 28 de febreiro de 2002,[2] e en xuño de 2021 concluíu o prazo para a cambiar polo seu valor nas entidades bancarias.[4]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 "Orde do 30 de novembro de 1999". BOE Nº 296, 11 de decembro de 1999. Páxinas 4.786-4.787.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "2000 Pesetas - Juan Carlos I Charles V". Numista.com
  3. "Moneda de 30 euro / 20 euro / 12 euro / 2.000 pesetas". FNMT - Casa de la Moneda (FNMT.es).
  4. 4,0 4,1 López, F. J. (2023). "Moneda de 2000 pesetas del 2000 (Carlos V): Valor y Precio". Coleccionismodemonedas.com. 3 de agosto.
  5. "Giovanni Vespucci (Florence, 1486–after 1527). World Map. Seville 1526". The Hispanic Society (Hispanicsociety.org).
  6. Cavalieri, G. B.; Treterus, T. (1583). Romanorum imperatorum effigies. Vincenzo Accolti, Roma. Páxina 154.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Lamas Bolaño (2023). Catálogo enciclopédico de monedas de España 2024. Lamas Bolaño, Barcelona. ISBN 978-8409545193

Outros artigos

Ligazóns externas