Modesto Prieto Camiña

Modelo:BiografíaModesto Prieto Camiña

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo XX Editar o valor en Wikidata
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Morteséculo XX Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, xornalista, pintor Editar o valor en Wikidata

Galiciana: 356240

Modesto Prieto Camiña, nado en Vigo, foi un escritor, xornalista e pintor galego.

Traxectoria

Foi profesor axudante do Instituto Nacional de Segunda Ensinanza de Vigo e membro da Sociedad de Amigos del Arte. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi depurado, sendo separado do cargo e inhabilitado.[1] Nun intento de escapar das consecuencias do seu pasado político republicano, participou en febreiro de 1937 nun mitin organizado polo SEU no Cine Odeón de Vigo xunto a Jesús Suevos e Ramón González-Alegre.[2] Enrolouse no exército franquista.[3] Colaborou en Eco de Galicia, Vida Gallega, Ideal Gallego, La Voz del Agro, Las Riberas del Eo, Vida Gallega e Cultura Gallega. É autor da zarzuela La princesa del castillo estreada en Vigo en 1925 e do drama en dous actos Rosiña, con José Bremón Sánchez, estreado en febreiro de 1936.[4] Foi un dos fundadores do Sindicato Nacional de Escritores Españoles. Nos anos cincuenta residía en Madrid.[5]

Notas

  1. BOE, 8-12-1937, p. 4716.
  2. No cartel do acto figura como secretario provincial do SEU (El Pueblo Gallego, 17-2-1937, p. 4).
  3. La Voz de Galicia, 15-2-1938, p. 3.
  4. El Pueblo Gallego, 1-2-1936, p. 6.
  5. La Noche, 26-7-1957, p. 7.

Véxase tamén

Ligazóns externas