Xaceu con Zeus no monte Pieira, próximo ó Monte Olimpo, durante nove noites seguidas, e así procreou as nove Musas, que naceron dun parto múltiple. Non obstante, outros autores considerábannas fillas primordiais de Urano e Xea; para Pausanias houbo dúas xeracións de Musas, as primeiras e máis antigas foron fillas de Urano e Xea, e as segundas de Zeus e Mnemósine.
"A elas [ás Musas], como esquecemento de males e remedio de preocupacións, procreounas, uníndose ó padre crónida, Mnemósine, que reina nos outeiros de Eleuter. Con ela nove noites uniuse o prudente Zeus subindo ó seu leito sagrado, lonxe dos inmortais. Cando xa era o tempo debido e as estacións volveron, ó pasar os meses, e cumpríronse moitos días, esta deu a luz, a pouca distancia da cima do nevado Olimpo, nove rapazas de disposición semellante, que só se ocupan do canto, por ter no seu peito un ánimo libre de preocupacións".
(Hesíodo: Teogonía 53-62)
Mnemósine era tamén o nome dunha fonte que había fronte ó oráculo de Trofonio, na Beocia, xunto á chamada Fonte do Esquecemento (Lete). Outros autores din que Lete e Mnemósine eran dous ríos do Hades. Quen bebía das augas do Lete esquecían as súas vidas pasadas.
Aparece case sempre representada xunto ás súas fillas, xa desde o século V a. C. (nun vaso ático). Pero tamén represéntase ela soa, como nun mosaico sirio do século IV a. C. Tamén na idade moderna a figuran xunto ás Musas (como Thorvaldsen) ou xunto a Zeus, disfrazado de pastor [1].
Cesare Ripa dálle unha iconografía propia: muller de mediana idade, vestida de negro, como símbolo de permanencia, cun cofre cheo de xoias sobre a cabeza. Coa man dereita tócase a orella e coa esquerda agarima un can negro.
Notas
↑"... engadiu cómo Xúpiter, oculto baixo a figura ... de pastor, [enganou] a Mnemósine" (Ovidio: Metamorfosis, Libro VI, 114).