Mnemósine (mitoloxía)

Modelo:BiografíaMnemósine

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(el) Mνημοσύνη Editar o valor en Wikidata
Biografía
CelebraciónMitoloxía grega Editar o valor en Wikidata
Patrón deMemoria Editar o valor en Wikidata
Familia
ParellaZeus Editar o valor en Wikidata
FillosClío, Talía, Polímnia, Aedea, Mneme, Melete, Thelxinoë, Erato, Euterpe, Calíope, Terpsícore, Melpómene, Urânia, Arche Editar o valor en Wikidata
PaisUrano
Zeus Editar o valor en Wikidata  e Xea
Clímene Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
New Encyclopedic Dictionary (en) Traducir
The Nuttall Encyclopædia >>>:Mnemosynë Editar o valor en Wikidata

Na mitoloxía grega, Mnemósine ou Mnemosina (en grego antigo, Μνημοσύνη Mnēmosýnē, de μνήμη mnếmē, 'memoria'), era unha titánide, filla de Xea e Urano. Considérase a personificación da memoria, tamén co nome de Mneme.

Mnemósine, nun mosaico da vila romana de Els Munts, en Altafulla, Tarragona (s. II dC). Consérvase no Museo Arqueolóxico de Tarragona

Mitoloxía

Xaceu con Zeus no monte Pieira, próximo ó Monte Olimpo, durante nove noites seguidas, e así procreou as nove Musas, que naceron dun parto múltiple. Non obstante, outros autores considerábannas fillas primordiais de Urano e Xea; para Pausanias houbo dúas xeracións de Musas, as primeiras e máis antigas foron fillas de Urano e Xea, e as segundas de Zeus e Mnemósine.

"A elas [ás Musas], como esquecemento de males e remedio de preocupacións, procreounas, uníndose ó padre crónida, Mnemósine, que reina nos outeiros de Eleuter. Con ela nove noites uniuse o prudente Zeus subindo ó seu leito sagrado, lonxe dos inmortais. Cando xa era o tempo debido e as estacións volveron, ó pasar os meses, e cumpríronse moitos días, esta deu a luz, a pouca distancia da cima do nevado Olimpo, nove rapazas de disposición semellante, que só se ocupan do canto, por ter no seu peito un ánimo libre de preocupacións".
(Hesíodo: Teogonía 53-62)

Mnemósine era tamén o nome dunha fonte que había fronte ó oráculo de Trofonio, na Beocia, xunto á chamada Fonte do Esquecemento (Lete). Outros autores din que Lete e Mnemósine eran dous ríos do Hades. Quen bebía das augas do Lete esquecían as súas vidas pasadas.

Na mitoloxía romana tomou o nome de Moneta, aínda que tamén se utilizaba o nome grego.

Iconografía

Aparece case sempre representada xunto ás súas fillas, xa desde o século V a. C. (nun vaso ático). Pero tamén represéntase ela soa, como nun mosaico sirio do século IV a. C. Tamén na idade moderna a figuran xunto ás Musas (como Thorvaldsen) ou xunto a Zeus, disfrazado de pastor [1].

Cesare Ripa dálle unha iconografía propia: muller de mediana idade, vestida de negro, como símbolo de permanencia, cun cofre cheo de xoias sobre a cabeza. Coa man dereita tócase a orella e coa esquerda agarima un can negro.

Notas

  1. "... engadiu cómo Xúpiter, oculto baixo a figura ... de pastor, [enganou] a Mnemósine" (Ovidio: Metamorfosis, Libro VI, 114).

Véxase tamén

Bibliografía

  • ELVIRA BARBA: Miguel Ángel: Arte y mito. Manual de iconografía clásica. Sílex, 3ª ed. 2017.
  • GRIMAL, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981.
  • HESÍODO: Teogonía. Trabajos y días. Escudo. Certamen, Alianza Editorial, 3ª ed., 2013 [a numeración segue a utilizada neste texto]