Mirza Teletović, nado o 17 de setembro de 1985 en Mostar, RS Bosnia e Hercegovina, RFS de Iugoslavia, é un ex xogador profesional de baloncesto bosníaco que xogou seis tempadas na National Basketball Association (NBA).
Traxectoria
Teletović debutou coma profesional no Sloboda Tuzla bosníaco durante a tempada 2002-03. Na súa primeira tempada no club, acadou 7.2 puntos e 2.7 rebotes por partido, mentres que na segunda tempada incrementou eses números ata os 26.4 puntos e 6.6 rebotes por encontro, en 17 partidos disputados.
En 2004, Teletović fichou polo BC Oostende belga, onde xogou dúas tempadas. No ano 2006 fichou polo Saski Baskonia da Liga ACB, equipo co cal debutou na Euroliga. Co paso das tempadas converteuse no capitán do Baskonia e nun dos xogadores máis importantes do equipo.
O 3 de xullo de 2012, Teletović acordou cos Brooklyn Nets un contrato de 3 anos e 15.6 millóns de dólares.[1] Este contrato foi cambiado a un contrato de 3 anos e 9 millóns de dólares.[2] Fixo o seu debut na NBA o 5 de novembro de 2012 contra os Minnesota Timberwolves.
O 27 de setembro de 2018, Teletović anunciou a súa retirada coma xogador profesional.[3]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas