Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Miranda.
Miranda, tamén coñecido como X-4, foi un satélite artificial do Reino Unido usado para facer diversos experimentos no espazo. Foi lanzado o 9 de marzo de 1974 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea mediante un foguete Scout D1, aínda que orixinalmente planeouse lanzalo mediante un foguete Black Arrow.[2][4]
Características
Miranda foi un satélite estabilizado por xiro lanzado entre outras cousas para probar un sistema de xiroscopios para control de actitude e doutro sistema de xiroscopios para o control da velocidade de rotación.[2][4]
O satélite tiña forma de caixa de 83,5 cm de altura cunha base cadrada de 66,5 cm de lado. A alimentación eléctrica corre a cargo de paneis solares que despregados medían 250 cm de lonxitude e que alimentaban varias baterías.[2][4]
Miranda foi inxectado nunha órbita inicial de 710 km de perixeo e 913 km de apoxeo, cunha inclinación orbital de 97,8 graos e un período orbital de 101 minutos.[2][3][4]
Experimentos
Miranda levaba cinco experimentos a bordo:[2][4][5]
- Un sistema de chorros de gas propano nos tres eixos para posicionamento orbital.
- Un sensor da estrela Canopus para medir a reflectividade e as interferencias producidas polos chorros de propano.
- Un sensor de albedo da Terra.
- Células solares para probas de degradación por radiación.
- Catro detectores infravermellos para avisos de eclipse para o experimento da estrela Canopus.
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "MIRANDA (X-4)" (en inglés). Consultado o 20 de febreiro de 2015.
- ↑ 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 NASA (26 de agosto de 2014). "Miranda" (en inglés). Consultado o 20 de febreiro de 2015.
- ↑ 3,0 3,1 "Letter dated 12 April 1974 from the Permanent Representative of the United Kingdom addressed to the Secretary-General" (PDF) (74-09659). 19 de abril de 1974: 1. Consultado o 20 de febreiro de 2015.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Miranda (X 4)" (en inglés). Consultado o 20 de febreiro de 2015.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Mark Wade (2011). "Miranda" (en inglés). Consultado o 20 de febreiro de 2015.