A suborde comprede dúa familias, a dos australitéutidos (Australiteuthidae), monotípica, e a dos lolixínidos (Loliginidae), que comprende unhas 50 especies moi diversas e das que moitas son comercialmente moi importantes.
Un bo número de características morfolóxicas distingue aos membros dos miopsinos dos dos seu grupo irmán, os egopsinos. Algunhas das diferenzas máis obvias encóntranse na estrutura dos ollos: nos dos miópsidos falta unha pálpebra secundaria e, en cambio, están cubertos por unha membrana córnea transparente, a abertura da cal se reduce a un microscópico poro anterior na maioría das especies. Os seus brazos ou tentáculos presentan ventosas simples (non teñen ganchos), e con ventosas adicionais xeralmente situadas nos lóbulos bucalis. A porción anterior dos tentáculos carece dun aparato de peche e prenentan unha bolsa tentacular na cabeza. O embude non ten músculos adutores laterais. Presentan unha cuncha interna en forma de pluma ou espada, ben desenvolvida, que está situada dorsalmente no manto e se estende por case toda a súa lonxitude. En contraste cos egópsidos, as femias posúen glándulas nidamentais accesorias ademais das principais; porén, carecen do oviduto dereito.[3][4]
Os miopsinos habitan en augas costeiras de todo o mundo. Son demersais e xeralmente aliméntanse no fondo ou preto del.[3][4]
O termo Myopsina está formado polos elementos do latín científicomy-, tirado do grego antigo μύειν mýein, 'pechar os ollos'; -ops, derivado do grego antigo ὅψις ópsis, 'ollo', e o sufixo do latín científico -ina. Literalmente: 'os que pechan os ollos', aludindo á carencia de pálpebra secundaria.[5]
Familias
A suborde dos Myopsina comprende as dúas familias seguintes:[6]