A dos miópsidos (Myopsida) é unha orde de moluscoscefalópodos da superorde dos decapodiformes,[2] ou decápodos, que constitúe, co seu grupo irmán, o dos egópsidos (Oegopsida), os cefalópodos coñecidos na bibliografía internacional como "luras".
Características
Estas luras caracterízanse, entre outras cousas por teren as súas femias un só oviduto (o esquerdo) e non duplo, como os egópsidos, pero principalmente por teren a cámara anterior do ollo pechada ao exterior, ou en comunicación co el a través dunha pequena abertura,
situada lateralmente, nunha segunda membrana (ademais da córnea).[3]
O termo Myopsida está formado polos elementos do latín científicomy-, tirado do grego antigo μύω, mýo, 'pecharse', especialmente os ollos, e -opsida, derivado do grego antigo ὅψις ópsis, 'ollo'. Literalmente: 'os de ollos pechados', aludindo a que non teñen burato na córnea dos ollos (como os egópsidos).
↑Ríos Panisse, M. C. (1977): Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. I Invertebrados y peces. Santiago: Universidad de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-008-X, p. 77.
Hanlon, Roger T. & John B. Messenger (1996): Cephalopod Behaviour. Cambridge University Press. ISBN 0-521-42083-0.
Nixon, Marion & John Z. Young (2003): The brains and lives of Cephalopods. Oxford University Press. ISBN 0-19-852761-6.
Nancy A. Voss, Michael Vecchione, Ronald B. Toll e Michael J. Sweeney (1998): Systematics and Biogeography of Cephalopods, vol. I. Smithsonian Contributions to Zoology.
Nancy A. Voss, Michael Vecchione, Ronald B. Toll e Michael J. Sweeney (1998): Systematics and Biogeography of Cephalopods, vol. II. Smithsonian Contributions to Zoology.