Minoría sexual refírese ao grupo social cuxa identidade de xénero, orientación sexual ou prácticas sexuais consentidas difiren dos da maioría da sociedade na que viven.[1] É un termo que se emprega en socioloxía para referirse ao conxunto da diversidade sexual e de xénero, incluído habitualmente baixo as siglas LGTBI.
É un concepto análogo ao de minoría étnica.[2][3] As minorías sexuais tamén poden manifestar comportamentos e prácticas que en conxunto conforman unha subcultura. En certos lugares e momentos históricos, as minorías sexuais han chegado mesmo a desenvolver unha linguaxe propia co que identificarse sen ser recoñecidos polo resto da sociedade.[4][5][6]
En moitos lugares as minorías sexuais enfróntanse ao rexeitamento social e a riscos de saúde asociados que van máis aló das súas prácticas sexuais, como maiores taxas de depresión ou de suicidio.[7][8][9]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos