Foi creado por primeira vez tras a aprobación da Lei do Solo no ano 1957, asumindo as competencias de urbanismo (Dirección Xeral de Arquitectura e Urbanismo) que anteriormente dependían do Ministerio da Gobernación. Suprimido en 1977, volveuse a restablecer na VIII lexislatura, sendo presidente do Goberno José Luís Rodríguez Zapatero, coa finalidade de garantir a toda a cidadanía o acceso a unha vivenda de calidade. En 2010 volveuse suprimir e, en 2023, Pedro Sánchez restableceuno baixo o nome de «Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana».
Foi creado en 1957 durante a ditadura de Franco, sendo nomeado o seu ministro José Luís de Arrese. Creouse para a acción administrativa en materia de vivenda, arquitectura e urbanismo, agrupando diversos organismos existentes: Dirección Xeral de Rexións Devastadas, Dirección Xeral de Arquitectura e Urbanismo e Instituto Nacional da Vivenda.
Galería de imaxes
Tapa de rexistro do Ministerio de Vivenda en Elviña, A Coruña.
Placa do Instituto Nacional de la Vivienda, nun edificio construído ao amparo da Lei do Solo de 1954