O Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións (MISSM) de España é o departamento da Administración Xeral do Estado con competencias no sistema da Seguridade Social, as pensións dos funcionarios públicos (as chamadas clases pasivas), así como a elaboración e o desenvolvemento da política gobernamental en estranxeiría, inmigración e emigración e de políticas de inclusión.[1]
Desde 2023, a súa titular é Elma Saiz, que previamente exerceu como conselleira de Economía e Facenda do Goberno de Navarra entre 2019 e 2023.[2]
Historia
Desde os inicios, a Seguridade Social estivo sempre ligada ao Ministerio de Traballo, agás nalgunhas etapas en que estivo vinculada ao Ministerio de Sanidade.
En 2020, o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, outorgoulle á Seguridade Social o seu propio ministerio, xunto con competencias en materia de migracións.[3] Para este cargo nomeou o economista José Luis Escrivá Belmonte.[4] En novembro de 2023 foi nomeada ministra Elma Saiz.
Adscricións
O Departamento asume a tutela das Entidades Xestoras e servizos comúns da Administración da Seguridade Social a través da Secretaría de Estado da Seguridade Social, e son:
Véxase tamén
Notas
Enlaces externos