O Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital foi un dos trece departamentos ministeriais en que se dividiu o Goberno de España en 2016. O seu titular (desde o 4 de novembro de 2016) foi Álvaro Nadal.
Historia
O Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital nace debido á agrupación de competencias realizada polo goberno de Mariano Rajoy no ano 2016. O antigo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo foi divido en dous ministerios diferentes, o Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital que asumiu as competencias en Enerxía e Turismo e, o Ministerio de Economía, Industria e Competitividade, que fusionou as competencias en industria co antigo Ministerio de Economía e Competitividade.
Funcións
Corresponde ao Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital a proposta e execución da política do Goberno en materia de enerxía, turismo, telecomunicacións e sociedade da información, así como o desenvolvemento da Axenda Dixital.[1]
Estrutura
A estrutura do actual ministerio é:[2]
- Secretaría de Estado de Enerxía.
- Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas.
- Secretaría de Estado para a Sociedade da Información e a Axenda Dixital.
- Dirección Xeral de Telecomunicacións e Tecnoloxías da Información.
- Secretaría de Estado de Turismo
- Subsecretaría de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital
- Secretaría Xeral Técnica.
Titulares
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas