"Mind Your Manners" é unha canción da banda estadounidense de rock alternativo Pearl Jam, publicada o 11 de xullo de 2013 como sinxelo principal do seu álbum Lightning Bolt.[1] O guitarrista do grupo Mike McCready dixo "É o meu intento de facer unha canción realmente dura ao estilo dos Dead Kennedys".[2][3] As letras do cantante Eddie Vedder critican a relixión organizada, que considera hipócrita pola súa intoleracian e "tantas das cousas que saíron desas organizacións, como o abuso de nenos e seu posterior encubrimento".
A canción foi tocada ao vivo por vez primeira no seu concerto en London, Ontario o día 16 de xullo de 2013.[4][5] O vídeo musical da canción, dirixido por Danny Clinch, apareceu o 23 de agosto dese mesmo ano.[6][7]
Notas
|
---|
|
Álbums de estudio | |
---|
Álbums en directo | |
---|
Recompilatorios | |
---|
Videos | |
---|
Sinxelos | |
---|