London atópase na confluencia do río Thames e o río Thames do Norte, aproximadamente a 200 km de distancia de Toronto e de Detroit; e a uns 230 km de Buffalo, Nova York. Aínda que London está políticamente separado do condado de Middlesex, segue a ser a súa capital.
Historia
London e o río Thames foron bautizados en 1793 por John Graves Simcoe, quen propuxo o lugar como a cidade capital do Alto Canadá. O primeiro asentamento europeo estabeleceuse entre 1801 e 1804 grazas a Peter Hagerman.[1] A vila fundouse en 1826 e, desde aquela, London medrou até se converter na meirande cidade do suroeste de Ontario e a undécima área metropolitana por poboación do Canadá.
Demografía
En 2021 a poboación ascendía a 422 324 habitantes.[2][3][4]
Gráfica de evolución demográfica de London entre 1871 e 2021
↑Statistics Canada, ed. (31 de marzo de 2008). Censuses 1871–1931(PDF). Canada Yearbook 1932. p. 103. Arquivado dende o orixinal(PDF) o 19 de outubro de 2014.
↑Census 1941–1951(PDF). Canada Yearbook 1955. 31 de marzo de 2008. p. 145. Arquivado dende o orixinal(PDF) o 9 de decembro de 2013.
↑Census 1961(PDF). Canada Yearbook 1967. 31 de marzo de 2008. p. 189. Arquivado dende o orixinal(PDF) o 23 de decembro de 2014.
↑Censuses 1966, 1971(PDF). Canada Year Book 1974. 31 de marzo de 2008. Arquivado dende o orixinal(PDF) o 23 de decembro de 2014.
↑Censuses 1981, 1986(PDF). Canada Year Book 1988. 31 de marzo de 2008. p. 192. Arquivado dende o orixinal(PDF) o 23 de decembro de 2014.