O Miller Park é un parque de béisbol situado en Milwaukee, Wisconsin (Estados Unidos). É o estadio local dos Milwaukee Brewers da Major League Baseball (MLB). Inaugurado en 2001, foi construído para substituír o vello Milwaukee County Stadium. Está situado xusto ao suroeste da intersección da Interestatal 94 coa Miller Park Way. O nome do estadio é debido ao patrocinio da empresa cervexeira Miller Brewing Company por 40 millóns de dólares até 2020.[1] Unha vez finalizado o patrocinio, os dereitos de nomeamento do estadio pasarán á American Family Insurance.[2] O Miller Park conta co único teito convertíbel con forma de abanico de América do Norte, pudendose abrir e fechar en manos de 10 minutos.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas