O Mikoyan MiG-27 (en ruso: Микоян МиГ-27; designación OTAN: Flogger-D/J) é un avión de ataque de xeometría variable fabricado orixinalmente pola oficina de deseño Mikoyan-Gurevich na Unión Soviética e despois producido baixo licenza na India por Hindustan Aeronautics como o Bahadur. Está baseado no caza Mikoyan-Gurevich MiG-23, pero optimizado para ataque a terra. A diferenza do MiG-23, o MiG-27 non tivo un uso xeneralizado fóra de Rusia, xa que a maioría dos países optaron polo Mikoyan-Gurevich MiG-23BN e o Sukhoi Su-22 no seu lugar. En 2023 retiráronse os derradeiros MiG-27 en servizo, operados pola Forza Aérea de Kazakhstán.
Notas