Estudou na Universidade de Madrid e despois traballou como xornalista, sendo redactor de España e El Diario Universal. Instalouse en Vigo en 1908, onde foi redactor de Faro de Vigo, dirixiu Letras y Deportes e estreou varias obras de teatro.[1] En 1910 marchou a Cuba para ser redactor do periódico El Triunfo.[2] Posteriormente foi aos Estados Unidos como correspondente de ABC e desempeñou a representación da Sociedade Xeral de Autores de España e doutras entidades literarias. Publicou reportaxes na prensa de Nova York, Londres, París e de países de fala hispana. Dende 1927 impartiu cursos na Universidade de Middlebury (Vermont), na rama española de produción escénica, e recibiu en 1929 un título honorífico de Master of Arts. Marchou aos Ánxeles en 1930 e traballou nos estudios MGM e Fox escribindo guións e argumentos orixinais a partir de adaptacións de diálogos ao castelán para a filmación de versións españolas e dobraxes; supervisou rodaxes e foi director de diálogos. En 1936 substituíu a René Borgia como xefe do departamento de publicidade estranxeira de Columbia Pictures, e interveu como asesor en When You're in Love (1937) e Only Angels Have Wings (1939).
Obras
Teatro
Muñeca, 1901.
Gérmenes malditos, 1903.
Eva, 1906.
El compañero de viaje, 1907.
La moral de lo inmoral, 1908.
El coto real, 1910.
El germen, 1910.
Novela
Pasión de amor, 1900.
Vida persoal
Casou coa xornalista Elena de la Torre, e foi pai de Miguel de Zárraga de la Torre (1908-1971).