Miguel Vázquez Freire
Miguel Vázquez Freire, nado en Corcubión en 1951, é un profesor e escritor galego.
Traxectoria
Estudou Filosofía e Letras nas universidades de Santiago de Compostela e Complutense de Madrid, licenciándose na especialidade de Filosofía. Exerceu como profesor de Filosofía no IES Eduardo Pondal de Santiago de Compostela.[1]
Foi director da revista Golfiño e codirector da colección Merlín de Edicións Xerais de Galicia. Foi promotor de Pé de Imaxe e de Nova Escola Galega.[2]
Colaborou como crítico e comentarista de literatura infantil en diversas publicacións,[3] como a Revista Galega de Educación, Cuadernos de Pedagogía, CLIJ, El Urogallo e nas páxinas culturais e educativas de La Voz de Galicia e Faro de Vigo. Foi coautor dos materiais educativos de Filosofía de Xerais, desde 1990 ao ano 2003.[4]
Publicacións
Literatura infanto-xuvenil
Narrativa
Poesía
Ensaio
Traducións
- A luva de tres dedos, de Maurice Tillieux, 1990, Casals.
- Descartes, de Xosé Calviño Pueyo, 1990, Xerais.
- O tío Plácido, de Peyo e Walthéry, 1990, Casals.
- Os taxis vermellos, de Peyo, 1991, Casals.
- O circo Bodoni, de Peyo, Casals, 1991.
- O home que non quería soñar. Historias pequenas de bichos pequenos, de Álvaro de Magalhaes, 1995, Xerais
- O discurso do método, de René Descartes, 2000, Xerais.
- Arredor da verdade, de Guillermo Domínguez, 2003, Xerais.
Obras colectivas
- O rapaz que non quería ser heroe nin sabía dicir amor, incluído en Os contos da campaña (3), 1992, Xunta de Galicia.
- A princesiña Socorro, o trobeiro Carolo e o demo dos cornos, en Sempre no Camiño. 1º Concurso de obras teatrais inéditas Camiño de Santiago, con Gloria Sánchez, 1995, Xunta de Galicia.
- Historias para calquera lugar, 2001, Xerais.
Premios
- Premio Camiño de Santiago de Teatro de monicreques no 1993, pola obra A princesiña Socorro, o trobeiro carolo e o demo dos cornos, escrita en colaboración con Gloria Sánchez.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
|