Miguel Ángel Cámara Botía, nado en Orihuela o 6 de maio de 1955, é un profesor e político español, alcalde de Murcia entre 1995 e 2015.[1]
Traxectoria
Doutorouse en Ciencias Químicas na Universidade de Murcia en 1981, e en 1982 obtivo o título de diplomado en Administración de Empresas pola Universidade Politécnica de Madrid. Exerceu a docencia na Universidade de Murcia, chegando a ser Profesor Titular de Química Agrícola desta mesma Universidade.
Desde 1995 ocupou o cargo electo de alcalde da cidade de Murcia polo Partido Popular, posto que foi revalidando en varios comicios. Antes disto, foi concelleiro desta localidade durante varios anos. Foi Presidente da Federación de Municipios da Rexión de Murcia desde 1995.
En maio de 2012 foi imputado por un presunto delito de prevaricación administrativa dentro das investigacións do caso 'Umbra', que investiga unha presunta trama de corrupción urbanística no municipio de Murcia, no que tamén están imputados o concelleiro de Urbanismo do Concello de Murcia; así como o dono do Real Murcia, Jesús Samper; e María Isabel Fernández, xefa da Oficina de Goberno Local de Murcia e muller de Alberto Guerra, antigo director da Xerencia de Urbanismo.[2]
Outros cargos e datos
Vida persoal
Está casado con Marisol Meroño, e son pais de tres fillos, Miguel Ángel, Alberto e Soledad.
Notas
Véxase tamén
Ligazón externa